Iniciado o reparto de material sanitario de protección

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta tarde comezamos o reparto de material sanitario de protección (luvas e mascarillas) doado por:

– Xunta de Galicia.
– Tres empresarios de Mos:
– Pablo Alonso Serodio.
– Camilo Grandal.
– Manuel Ferreira.

O reparto realízase entre:

– Traballadores municipais.
– Persoal das empresas concesionarias que prestan servizos do Concello.
– Residencias de maiores do municipio.
– Centro de Saúde.
– Escravas da Virxe Dolorosa.
– Negocios locais que prestan servizos de primeira necesidade con atención ao público (alimentación, farmacias, estancos…).

A TOD@S, TANTO @S QUE NOS FACILITARON O MATERIAL COMO @S QUE O RECIBIRON, GRAZAS!

Aos primeir@s pola xenerosidade nestes momentos de crise e @s segund@s por seguir a traballar a pesar das circuntancias, primando o ben común ao interese propio. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.