Inícianse en Mos as obras de saneamento contempladas na ampliación dun proxecto de Augas de Galicia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os traballos acometeranse en diferentes zonas das parroquias de Louredo, Sanguiñeda, Petelos e Cela

O concelleiro de Saneamento e Abastecemento mosense, Camilo Augusto, informou esta mañá de que xa se iniciaron as obras do Proxecto de Saneamento Modificado de Augas de Galicia, polo cal se ampliaban os traballos contemplados no proxecto inicial e se incluíron varias obras a maiores.

De entre ditas obras que se acometerán a maiores, dúas son na parroquia de Louredo coa finalidade de dotar de servizo de alcantarillado á zona de Pombal e ó núcleo industrial de Arrufana; na parroquia de Sanguiñeda realizaranse tamén traballos no barrio de Amieirolongo para poder dar saída cara ó colector xeral a unha parte importante de vivendas de dito barrio; outra obra é na parroquia de Petelos e consiste na conexión da rede de saneamento da zona da Porteliña co colector xeral do Louro; e por último, outra das obras contempladas a maiores no Proxecto Modificado é un tramo de alcantarillado en Herville, parroquia de Cela, con conexión á rede de saneamento da veciña localidade de Vigo.

Tal e como hoxe declaraba Augusto, “todas estas son actuacións de vital importancia, posto que darán servizo de saneamento a un gran número de veciños e veciñas de Mos”. Estas obras, que foron aprobadas e son financiadas pola Xunta de Galicia, comenzaron esta semana e, segundo anunciou o edil responsable, “está previsto que os traballos estean finalizados ó longo do vindeiro mes de outubro”.

Con estas novas actuacións, a concellerería de Saneamento e Abastecemento de Mos da un paso máis para, cada vez, poder ir dando servizo de alcantarillado a un maior número de persoas habitantes do municipio mosense.

Para rematar, Camilo Augusto asegurou que dende a súa concellería seguirase a traballar na elaboración dun novo proxecto de saneamento para Mos de cara ó vindeiro ano.