INSTALACIÓN DE ELEMENTOS PROTECTORES E PREVENTIVOS ANTE O COVID-19 no Concello e demais edificios municipais

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá instaláronse, no Concello e demais edificios municipais que comezarán a abrir ao público o vindeiro luns 11 de maio:

– As pantallas protectoras en mostradores, ventanillas, mesas e despachos de atención ao público.

– As alfombras desinfectantes nas entradas das dependencias municipais.

– Os sinais adhesivos no chan para marcar turno de espera coa distancia de seguridade interpersoal obrigatoria establecida.

– Os dispensadores automáticos de gel hidroalcohólico desinfectante para mans.

Grazas a tod@s @s que están a traballar para facelo posible. SOMOSMOS. Xuntos SaireMOS.