Instálase unha nova empresa no polígono da Veigadaña, a séptima no que vai de ano

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa destaca que ven a refrendar a realidade de que Mos é un Concello territorio de oportunidades que se siguen a facer visibles

O crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, é exponencial; e no que vai de ano 2019 xa se asentaron no polígono mosense 6 empresas. A séptima que tamén o fará reuniuse esta mañá no Concello de Mos coa acladesa, Nidia Arévalo, e a enxeñeira municipal.

Con esta nova incorporación empresarial a Mos demóstrase unha vez máis o potencial do municipio mosense como Concello Emprendedor Doing Business Galicia.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “esta nova pranta da industria do corte por láser que elixe Veigadaña como ubicación tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, un Concello emprendedor ‘Doing Business Galicia’…, en definitiva, un Concello territorio de oportunidades que se siguen a facer visibles”.

A nova empresa que se vai a instalar no polígono de Veigadaña, na parcela B-7 e B-9, é Láser Galicia. Actualmente atópase no polígono da Granxa, pero debido á carga de traballo que teñen e futura demanda necesitan expandirse e atoparon Veigadaña como lugar idóneo. Actualmente a empresa conta con máis de 100 empregados. É unha empresa que se dedica ao corte de chapa, corte de tubo, encartado e caldeiraría lixeira.

Láser Galicia é unha das empresas referentes de corte por láser. A empresa, creada en 2002 dentro do grupo Láser Ebro, naceu foito da amizade e colaboración entre Pablo Ezquerra Lasheras e Manuel López Rodríguez.

Caracterízase pola súa aposta pola tecnoloxía TRUMPF máis avanzada e por buscar sempre o modo de dar o servizo máis rápido, flexible e fiable aos seus clientes. Os seus obxectivos son ofrecer aos clientes axustados prazos de entrega, máxima calidade, servizos de urxencia e a posibilidade de fabricar desde pezas unitarias a grandes series anuais.

O grupo Láser Ebro é actualmente o líder no mercado nacional con nove plantas repartidas por todo o país. O pertencer ao grupo líder é clave para a solidez e futuro da empresa, e permítelles intercambiar produción cos outros centros do grupo dándolles un grao de seguridade e de servizo inalcanzable se traballaran como entidades separadas.

Láser Galicia dedícase ao corte de chapa por láser caracterizado pola alta precisión que permite a posterior ensamblaxe sen ningún tipo de mecanizado ou axuste posterior, e por tanto o consecuente aforro. Tamén realizan corte de tubo por láser que revolucionou completamente o deseño de estruturas metálicas, ao ser capaz de obter solucións baseadas en xeometrías complexas que reducen significativamente os tempos de ensamblaxe e soldadura, e tamén aumenta a rixidez e a calidade da estrutura. Láser Galicia tamén destaca en encartado de materiais xa que, debido a que o corte por láser pode crear xeometrías complexas, é posible substituír moitos procesos de ensamblaxe e soldadura para deseños intelixentes que inclúen curvas con diferentes radios.