IV Xornada Multilabores d@s Palilleir@s mosenses

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro sábado no C.C. Abrente e a participación require de inscrición previa

A Asociación de Palilleir@s de Mos organiza a súa IV Xornada Multilabores, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de marzo, no Centro Cultural Abrente en Peinador, parroquia de Torroso.
O encontro dispón de prazas limitadas, polo que os/as interesados/as en participar deberán chamar por teléfono aos números 616918164, 675310658 ou 608885094.
O horario de clases será de 10.00 horas a 13.00 horas e de 17.00 horas a 19.30 horas. Os cursos que se impartirán serán bordado handanger, suízo e llano, pintura en tea, encaixe ruso, bordado ó aire e decora fruta.
O prezo por persoa participante é de 12 euros para os/as socios/as e de 15 euros para os non socios/as.