Juan Ferrón, do CN Mos, Campión de España de Natación Adaptada en 100 metros Libre e Bolboreta

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Concello homenaxeouno esta tarde á saída do adestramento do club na Piscina Municipal

 

Esta tarde celebrouse a recepción a Juan Ferrón, do Club Natación Mos, polos resultados obtidos no Campionato de España Clasificatorio por Idades de Natación Adaptada, no que acadou ouro en 100 m Libre, ouro e récord de España de menores en 100 m Bolboreta; e prata en 400 m Libre.

 

O acto para felicitar ao nadador do club mosense celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, á saída do adestramento do Club Natación Mos.

 

A recepción contou, por suposo, coa presencia do homenaxeado Juan Ferrón, nadador do Club Natación Mos, Campión de España en 100 m Libre e Bolboreta no Clasificatorio por Idades de Natación Adaptada. Ferrón estivo acompañado polos demais nadadores/as do Club Natación Mos e membros da directiva do Club Natación Mos; e arroupado por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes, demais membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

 

Estas últimas medallas logradas por Juan Ferrón, gañounas os pasados sábado e domingo 16 e 17 de Novembro en Madrid, onde se disputou o Campionato Clasificatorio por Idades de Natación Adaptada organizado pola FEDC e a ONCE.

 

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, de categoría S13, disputou as probas de 100 Libre (onde se fixo coa medalla de ouro) 100 Bolboreta (onde logrou tamén o ouro e facer o récord de España de menores), e 400 Libre (onde acadou unha prata cunha marca que establece un novo récord do Club Natación Mos).

 

Así mesmo a sección Máster do Club Natación Mos nadou en Riveira a 2ª xornada da liga Galega Máster con 18 nadadores. Liga na que van terceiros clasificados na provisional dun total de máis de 25 clubs.