Laura Pérez, alumna da Escola de Música de Mos, logra un segundo premio nun concurso internacional de guitarra

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase da competición promovida pola Academia de Música Fernandes Fao da localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira

 

A alumna da Escola de Música de Mos con sede no Centro Dotacional de Torroso, Laura Pérez Cerqueira, ven de conseguir o segundo premio do Concurso Internacional de Guitarra da Academia de Música Fernandes Fao da localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira.

Dende a Escola Municipal de Música de Mos consideran “unha verdadeira honra que unha alumna logre un galardón tan importante e de relevancia internacional” e aproveitan a ocasión para felicitala e animala que siga por esta senda de estudo, perseverancia e éxitos.