Ledicia organiza unha excursión a un balneario na Ribeira Sacra

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o 17 de novembro e os interesados en participar teñen ata o 31 de outubro para inscribirse

 

A Asociación Veciñal e Cultural Ledicia, da parroquia mosense de Sanguiñeda, informa de que o día 17 de novembro realizará unha excursión ó balneario de Augas Santas en Pantón, na Ribeira Sacra.

 

A viaxe inclúe servizo de transporte en autobús durante todo o percorrido, almorzo buffet no Oca Balneario Augas Santas, seguido dunha visita a unha bodega e posterior circuíto termal en augas mineromedicinais para o que os participantes deben levar bañador, gorro de baño e chanclas. Ademais de disfrutar do circuíto termal, os asistentes recibirán tamén unha charla informativa sobre os beneficios dos baños termais impartida polo médico do balneario.

 

Os interesados en realizar esta excursión teñen ata o 31 de outubro para inscribirse chamando ó número de teléfono 653 820 744 (Rogelio). O prezo por persoa desta viaxe ascende a 20 euros.