Loito oficial en Galicia do 1 ao 31 de maio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Xunta decreta loito oficial en Galicia do 1 ao 31 de maio. “É o momento de honrar ás nosas vítimas como merecen”, dixo o presidente Núñez Feijóo.

O Consello da Xunta acaba de aprobar declarar loito oficial na comunidade autónoma durante todo o mes de maio en memoria polas vítimas do COVID 19.

Desde o Concello de Mos sumámonos a este loito, como non podía ser doutro xeito.

Manteremos durante o mes de maio esta imaxe con crespón negro de portada desta páxina facendo referencia á circunstancia.

Ademais as bandeiras permanecerán a media asta con crespón negro: tanto a de España, como a de Galicia e a de Mos.