Máis de 100.000 euros para a segunda fase das escaleiras da Igrexa de Cela e un parque biosaudable en Puxeiros

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ambos proxectos faranse realidade gracias a unha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicou hoxe no DOG, Diario Oficial de Galicia, dúas subvencións concedidas ó Concello de Mos para sendos proxectos dinamizadores que serán, ademais, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Feader.

Ditos proxectos a acometer en Mos son o acondicionamento do acceso este á Igrexa de San Pedro de Cela e a instalación dun parque biosaudable no Campo da Feira en Puxeiros. Entre ambos proxectos farase unha inversión en Mos de sobre 108.200 euros, dos cales aproximadamente 76.000 euros corresponden á mellora do acceso á Igrexa de Cela, e os 32.200 euros restantes ó parque biosaudable para o Campo da Feira.

Segundo hoxe informou a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o proxecto de acondicionamento do acceso este á Igrexa da Parroquia de Cela consiste na continuidade da primeira fase das escaleiras de acceso á Igrexa que fai poucos anos acometera a Deputación de Pontevedra. Agora, con este novo proxecto, levarase a cabo a segunda fase quedando totalmente rematada a mellora do acceso a este lugar de Cela.

Por outra parte, a instalación dun parque biosaludable no Campo da Feira de Puxeiros servirá para recuperar esa zona da parroquia mosense de Tameiga, ó supoñer unha mellora que beneficiará e activará o uso por parte de particulares tanto do Campo da Feira como da carballeira que nel se atopa. Este proxecto será executado na parte superior esquerda do recinto do Campo da Feira, e prevese que dea servizo ós maiores e adultos de Puxeiros en particular e de toda a parroquia de Tameiga en xeral.

Detalles do proxecto

 O obxetivo do proxecto de instalación dun parque biosaudable no Campo da Feira é o de completar as instalacións do referido Campo. A necesidade deste proxecto ven xustificada pola mellora e beneficio que obteñen as  persoas coa implantación de espazos verdes ubicados nos núcleos de poboación, compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas.

No entorno do Campo da Feira existe un parque infantil polo que a oferta do parque biosaudable proxectado contribúe no beneficio dun sector amplo da poboación complementando as instalacións xa existentes.

Os parques biosaudables están deseñados para a práctica do exercicio físico de adultos a partir dos 40 años e son especialmente recomendables para maiores de 60 porque melloran a mobilidade, aumentan a flexibilidade e tonifican a musculación de todo o corpo.

As actuacións plantexadas neste proxecto reforzarán e potenciarán o beneficio á comunidade dos habitantes do Concello mosense. A implantación deste novo parque biosaudable en Mos, pois xa existen outros dous, -un en Sanguiñeda e outro na Pateira, parroquia de Mos-, contribue á mellor distribución e accesibilidade da oferta para a mellora física dun amplo sector da poboación.

As actuacións ou obras a desenvolver no Campo da Feira son a instalación dun parque biosaudable con 9 elementos de exercicios sobre unha soleira continua que favorece os exercicios, a creación dun paseo de zahorra similar ó xa existente que comunica os elementos do parque biosaudable, a dotación de 3 puntos de iluminación nas 3 zonas de exercicios do parque biosaludable, e a dotación dunha mesa para xogos, bancos e papeleiras.