Máis de 40 nenos participan na segunda quenda das Mañás de Verán que remata o mércores

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A continuación celebraránse as terceira e cuarta quendas, dando por finalizada a iniciativa o día 30 de agosto

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, fixo hoxe balance da segunda quenda do campamento matinal estival para nenos e nenas mosenses, Mañás de Verán.

 

Na segunda quenda das Mañás de Verán, -que se están a desenvolver nas instalacións do CEIP Mestre Valverde Maio, en Sanguiñeda en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres-, participan un total de 43 nenos e nenas mosenses acadando o que a edil responsable desta iniciativa define como “un gran éxito de afluencia, do que dende o Concello nos atopamos moi satisfeitos”, declarou Monzón.

 

Durante a segunda quenda os máis de corenta cativos participantes realizaron dúas saídas: unha á Panadería San Miguel de Pereiras, durante a que puideron coñecer o proceso de producción do pan, e outra ó parque vigués de Castrelos; na que fixeron diversas actividades entre as que se atopou a visita ó Pazo Museo Quiñones de León.

 

O prazo de inscrición nas 3ª e 4ª quendas xa está pechado, sen embargo a concelleira Kely Monzón especificou esta mañá que se algún pai mosense comeza a traballar estes días e, por ese motivo, precisa que o seu fillo ou fillos participen nas Mañás de Verán, pode apuntalos sen ningún problema aportando o contrato laboral.

 

Detalles das Mañás de Verán

 

Esta iniciativa vai dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e ten un custe por neno e quenda de 40 euros, mentres que si asisten dous irmáns xuntos o prezo polo segundo irmán redúcese a 30 euros. Os pais que así o desexan poden contratar a maiores o servizo de Aula Madruga pagando a maiores un importe de 20 euros, e tamén dispoñen, se o precisan, de servizo de comedor cun custo de 50 euros.

 

Os obxectivos das Mañás de Verán son facilitar a conciliación da vida laboral e familiar no período de vacacións escolares, promover  a calidade de vida dos nenos/as de Mos e das súas familias, potenciar a educación en valores e hábitos saudables, favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do noso entorno e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas de Mos.

 

As actividades distribúense, como xa se dixo, en 4 quendas: a 1ª quenda foi do 1 ao 15 de xullo (ambos inclusive), 2ª quenda comezou o 16 de xullo e remata pasado mañá, mércores 31 de xullo, a 3ª quenda vai do 1 agosto ao 16 de agosto (ambos inclusive) e 4ª quenda do 19 ao 30 de agosto (ambos inclusive).