Máis de 400 espectadores acudiron o domingo ó Trofeo Concello de Mos de Baile Deportivo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Entre as 110 parellas competidoras estiveron a mosense Patricia Martínez e o seu compañeiro, Adrián Esperón

 O domingo 28 de novembro celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro de Mos o Open Internacional de Baile Latino e Estándar e unha Competición Nacional puntuable para o ranking da FEBD (Federación Española de Baile Deportivo).

Neles participaron un total de 110 parellas procedentes de toda Galicia, Asturias, Cantabria e Cataluña, así como máis de 20 parellas procedentes de Portugal (Lisboa, Porto e Braga principalmente).

Ademais da numerosa participación de parellas competidoras, ao Pavillón acudiron unhas 400 persoas como público. Viviuse un gran ambiente gracias, tanto ós numerosos espectadores coma ó alto nivel dos participantes.

Entre os resultados das categorías máis importantes destacaron: Estándar Categoría Internacional Adulto – 1º Jose M. Fernández e Anastasia Zhitova (Illa Arousa) Estándar Categoría Internacional Sub 19 – 1º Manuel García e alba Martínez (Mos) Latinos Categoría Internacional Adulto  – 1º David díaz e Lara Quintela (Mos).

Como resultados máis importantes das parellas mosenses cómpre resaltar os 2 postos de Ángel García e Laura Fernández en Adulto II Estándar e Latino Patricia Martínez e Adrían Esperon (Campións de España Standrad) que quedaron en 2ª posición na Categoría Internacional Latino (en Estándar non bailaron ao chegar de competir no estranxeiro a metade do día).

Este Trofeo Concello de Mos de Baile Deportivo foi organizado pola Escola de Baile Pasos, coa colaboración do Concello de Mos. Os Bailes Estándar que se puideron observar o domingo foron de corte máis clásico, como o Valse Inglés, Tango, Valse Vienés, Slow Fox e Quickstep. Os Bailes Latinos englobaron a Samba, Chachachá, Rumba, Pasodobre e Jive.

A competición puntuable dividiuse en diferentes categorías que foron da G e H, que son as máis baixas, seguindo pola 1ª e 2ª Territorial e os Nacionais C, B ata a AN e AI, máximas categorías de nivel nacional que supón ter alcanzado varios podios en todas as categorías inferiores, así como posuír unha gran calidade técnica e artística.

O nivel de participación foi moi alto xa que en Galicia contamos cos 3 veces campións de España Estándar e 2 veces campións de España de 10 Bailes, Adrián Esperón (Pontevedra) e Patricia Martínez (Mos) do Club Pasos-Bailegalicia que parten como favoritos na Categoría Internacional.

A veciña de Mos e campiona de España, Patricia Martínez, xunto coa súa parella Adrián Esperón, representarán a España no mes de novembro no Campionato do Mundo Estándar en Melbourne (Australia) e na Copa da Unión Europea de 10 Bailes (República Checa).