Máis de 600 palilleiras xa inscritas na xuntanza do sábado

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DSC_0218O clásico encontro con motivo das Festas da Rosa chega este ano á súa novena edición

 

A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chega este ano á súa novena edición cun auténtico récord de participantes preinscritos, que a data de onte ascendían a 615 persoas.

 

A IX Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrarase en Costoias-Tameiga o vindeiro sábado, 18 de xuño, a partir das 10.30 horas. Os interesados en formar parte desta iniciativa aínda están a tempo de inscribirse chamando aos teléfonos 616918164, 608885094 ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo

palilleirasdemos@gmail.com

 

A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos de Galicia se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitarán a localidade mosense asociacións de palilleiras chegadas dende Cene, A Guarda, Redondela, Pastoriza, A Coruña, Ourense, Laxe, Burela, Sanxenxo, Portonovo, Nigrán, Camariñas, Vigo, etc.

 

A de Mos é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias. Este ano é ademais moi especial para a Asociación de Palilleiras de Mos, xa que contarán coa visita de Raquel M. Adsuar, palilleira de Denia, Alicante, blogueira reputada e moi seguida a través de Youtube.

A xornada de encontro contará coa actuación de Cristian de Samil, ás 17:00 horas, que será o encargado de poñer o toque de humor a esta novena edición. O sorteo de agasallos e despedida realizarase ás 19.30 horas.