Medio Rural concédelle a Mos unha axuda para mellorar camiños municipais na parroquia de Guizán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Con ela subvencionarase a pavimentación dos viais de Coviñas e Mosqueira

A consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención relativa ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020.

Este Plan promove actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial, e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural, contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, segundo versa na resolución de concesión de axuda da consellería.

Con dita axuda autonómica mellorarase a pavimentación de dous camiños na parroquia mosense de Guizán, Coviñas e Mosqueira.

O orzamento total destes traballos ascende a 54.372,56 euros, subvencionando Medio Rural a contía de 44.936 euros e facendo a administración local unha aportación de 9.436,56 euros.