MELLORA DA ESTRADA REAL

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Iniciadas as obras en Estrada Real coas que se mellorará a rede de saneamento coa renovación da antiga tubería.
A Comunidade de Auguas de Sanguiñeda aproveita tamén para renovar a tubería da traída de abastecemento de auga evitando así problemas ou averías futuros por deterioro ou desgaste dos tubos.
A obra de mellora da seguridade viaria en Estrada Real, parroquias de Petelos e Sanguiñeda, subvencionada polo Plan Concellos 2021. abarca unha lonxitude de 1.408 metros, e comprende actuacións previas que inclúen o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros e finalmente a rehabilitación de firmes e pavimentos mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto.