Mensaxe de ánimo do IES de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

 

Mensaxe de ánimo do IES de Mos. Moitísimas grazas ao claustro do noso Instituto, que tan bo labor educativo e formativo fai dos mozos e mozas de Mos no paso previo á idade adulta. Unha etapa clave no desenvolvemento persoal do individuo e na que tanta importancia ten a figura dos docentes e do centro educativo de referencia. Por elo e por este vídeo tan alentador, grazas! SOMOSMOS e Xuntos SaireMOS.