Mesa de La Vuelta no Centro Dotacional de Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A axenda municipal de hoxe, martes 16 de setembro, pechouse coa celebración, ás 20.00 horas, da Mesa de La Vuelta no Centro Dotacional de Torroso.
Ademais dos membros dos diferentes colectivos mosenses integrantes da Mesa, participaron nela a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.
Nesta xuntanza abordáronse varios asuntos relativos á etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 que sairá desde o Pazo de Mos o 5 de novembro, sendo un dos principais asuntos tratados o protocolo e as medidas a tomar neste senso, relativas á seguridade e prevención ante a COVID-19.