MOITAS FELICIDADES a Dolores Lorenzo de parte do Concello de Mos: Feliz 101 aniversario.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

MOITAS FELICIDADES a Dolores Lorenzo de parte dos 15.000 veciñ@s do Concello de Mos!SOMOSMOS!!! Feliz 101 aniversario Lola.

Publicada por Concello de Mos en Martes, 14 de abril de 2020

Desde o Concello de Mos queremos hoxe felicitar a Dolores Lorenzo que celebra o seu 101 aniversario.

Dolores naceu un 14 de abril de 1919 na parroquia de Cela, en Atín-Sequeiros, e traballou ata os 68 anos no campo e de xornaleira; incluso ía ao xornal ao Porriño.

Tivo dous fillos (Manuel e Jorge) e continuou vivindo en Cela ata fai 28 anos, cando se trasladou a Pereiras á casa do seu fillo máis novo, Jorge Lorenzo, e da súa nora, Flora Pérez Ucha.

FELIZ CUMPREANOS LOLA!!!