Mos acada no último trimestre o mellor dato de reducción do paro de toda a área de Vigo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Durante os meses de xuño, xullo e agosto 128 mosenses lograron un posto de traballo

O paro rexistrado no último trimestre no Concello mosense, con preto de 15.000 habitantes, descendeu en 128 desempregados, polo que a cifra actual de persoas de Mos en situación de paro se sitúa en 1.726. Destes 1.726 desempregados 945 son mulleres que representan un 54,75% do total, e 781 son homes, representando unha porcentaxe do 45,25%; ademais, destes parados, 160 (o 9,27%) son menores de 25 anos, e 1.566 (o 90,73%) son maiores de 25 anos.

Segundo informou hoxe o concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, no mes de xuño o Concello de Mos foi o municipio con maior descenso do paro de toda a área metropolitana, acadando, tan só durante ese mes, un total de 106 insercións laborais de veciños que se atopaban en situación de desemprego.

No mes de xullo a cifra do paro en Mos mantívose, non variou, mentres que o pasado agosto a lista de desempregados mosenses reduciuse en 22 persoas máis; continuando así, a data de hoxe, a localidade mosense á cabeza no que a número de insercións laborais do último trimestre se refire.

Neste sentido Soto destacou a relevancia deste dato, xa de por sí importante pero que mellorará máis, posto que nel aínda non se computaron as últimas contratacións realizadas polas empresas AKI e Mercadona que próximamente abrirán tamén as súas portas en Mos con sendos centros de ferretería e bricolaxe, e supermercado, respectivamente. En definitiva, que no conxunto do trimestre de xuño, xullo e agosto de 2012, o Concello de Mos tivo o mellor dato de insercións laborais de toda a área metropolitana de Vigo, e iso sen ter en conta as novas insercións en empresas como as mencionadas AKI e Mercadona.

“O logro destes datos tan positivos no que a inserción laboral se refire”, explicou o edil de Formación e Emprego, “foi posible gracias, por unha parte á instalación de novas empresas no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, por outra parte ó Plan de Emprego Xerae promovido pola Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, co que colabora activamente o Concello; e por outra, polo Plan Municipal de Ocupabilidade posto en marcha recentemente, concretamente iniciouse o pasado mes de agosto”.

A maioría dos contratos formalizados, en concreto o 40,9%, corresponde a persoas desempregadas que estaban solicitando o seu primeiro emprego, seguido do sector servizos, cun 22,72% dos contratos.

Os datos de inserción laboral respecto ós tres últimos meses son moi positivos, xa que se observou estabilidade no número de contratos realizados. E é que nos Concellos onde existe un número importante de empresas relacionadas co sector da industria, tal é o caso de Mos, seguen manténdose ou mellorando o número de persoas activas, polo que non só estaría relacionado cas contrataciones derivadas do aumento da demanda de persoal relacionada co sector da hostelería que se podería deducir deste último trimestre que coincide cronolóxicamente coa tempada estival.

Por último, o concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, declarou hoxe sobre a boa noticia do descenso do paro en Mos durante o último trimestre sendo o municipio que maior inserción laboral de veciños desempregados logrou de entre todos os da área de Vigo que “as medidas adoptadas polo goberno empezan a surtir efectos positivos, e polo tanto permiten ter máis que nunca confianza no futuro. É unha sastisfación contida, xa que as cifras de paro seguen a ser dramáticas. A soa existencia dun parado xa supón un drama humán ó que temos que por solución”, declarou Soto.

Pola súa banda a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, valorou moi positivamente esta mañá a sensible mellora da cifra do paro durante o pasado trimestre en Mos e asegurou que “de continuar con esta progresión, convertirémonos en non moito tempo nun Concello modelo, e exemplo a seguir por outras administracións locais, en materia de formación e promoción da inserción laboral dos nosos veciños e veciñas”.