Mos acolle a primeira edición da Carreira Popular e Canicross Campo das Baloutas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidad, Actualidade

O evento deportivo celebrarase o 21 de setembro e presentouse hoxe oficialmente no Concello mosense

Esta mañá presentouse no Concello de Mos a I Carrerira Popular e Canicross Campo das Baloutas, que se celebrará o domingo 21 de setembro e terá un percorrido cunha lonxitude de 10 kilómetros.

No acto de presentación, celebrado ás 11:00 horas no Salón de Sesións da Casa Consistorial, estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, o concelleiro Camilo Augusto,  o organizador do evento deportivo, o atleta Alejandro Gómez, Paula Hernández, terceira clasificada no Campeonato Galego de Canicross ademais dun  dos principais patrocinadores, Pablo Serodio de  Alonso & Serodio Asesores de Seguros.

Durante a presentación explicouse que a carreira celebrarase a a partir das 10:00 horas da mañá, organizada polo Club Alejandro Gómez-Purina e contando co patrocinio do Concello de Mos, Purina e Alonso & Serodio Asesores de Seguros; así como coa colaboración da Asociación de Empresarios de Mos –AEMOS-, a Deputación de Pontevedra, La Caixa e Deportes González.

Os interesados en participar neste encontro popular do atletismo, que inclúe ademais a modalidade de Canicross puidendo os corredores participar xunto cos seus cans, poden inscribirse a través da páxina web www.cronotec.es ou ben acudindo directamente a Deportes González. Na carreira poden participar tanto adultos coma nenos, xa que se celebrará tamén unha proba infantil.

Detalles da proba

Terá saída e meta xunto ao Campo de Fútbol das Baloutas, sito no Parque Empresarial Mos-Veigadaña. Esta  carreira que contará coa participación de OSCAR PIÑEIRO compeón de España de neve e MONICA TOURIÑO campeona da Copa de España,  está aberta a toda clase de corredores, federados ou non federados, sen distinción de sexo, lugar de orixe ou condición social sempre que non se atopen sancionados para práctica do atletismo por algunha Federación de Atletismo, e que estean correctamente inscritos.

A inscrición para os menores será gratuíta e as categorías absolutas deberán realizar o pagamento de 6 euros. A data límite para inscribirse será o xoves día 18 de setembro ás 20:00 horas.

Categorías e horarios

Categorías Carreira Popular:
Pitufos 100 metros aprox
300 metros aprox. – Pre-benxamín (2007 e posteriores)
500 metros aprox. -Benxamíns (2005-2006)
1.000 metros aprox. -Alevín (2003-2004) -Infantil (2001-2002)
1.500 metros aprox. -Cadete (1999/2000) -Xuvenil (1997-1998)

Carreira absoluta-10.000 metros:
Júnior (1995-1996)
Promesa (1992-1993-1994)
Sénior (1991-ata veteranos)
Veterán A (de 35-50 anos)
Veterán B (de 50 en diante)

Categorías Canicross e Bikejoring distancia aprox. 2/3 kilómetros:
DCM – Canicross Home (1997-1976) 1 can
DCW – Canicross Muller (1997-1976) 1 can
DCMV – Canicross Home Veteráns (1975 e anteriores) 1 can
DCWV – Canicross Muller Veteranas (1975 e anterioes) 1 can
DBM – BikeJoring Home 1 can
DBW – Bikejoring Mujer 1 can

Os premios non serán acumulables. Para optar aos premios debe formalizarse correctamente a correspondente inscrición. A entrega dos premios así como o sorteo dos diferentes obsequios doados polos colaboradores e patrocinadores, realizarase ao finalizar as probas.

Os horarios das diferentes probas a disputar serán:
09:00 – 09:30 horas: Control veterinario
10:00 horas: Reunión informativa
10:15 horas: Saída do Canicross
10:45 horas: Saída Bikejoring
11:10 horas: Saída infantís
11:30 horas: Saída Carreira Popular