Mos aforrará máis de 11.000 euros euros anuais gracias ó convenio coa Deputación para a recollida de animais abandoados

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será aprobado esta tarde polo Pleno da Corporación Municipal mosense

O Pleno da Corporación Municipal mosense que se celebrará esta tarde aprobará a adhesión ó Convenio Marco de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais da provincia cunha población inferior a 50.000 habitantes, para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandoados, segundo informaron hoxe a concelleira delegada de Medio Ambiente, Julia loureiro, e a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.

Sobre a adhesión a este convenio a rexedora local destacou fundamentalmente o “importantísimo aforro” que suporá para as arcas municipais: de 11.100 euros anuais; xa que o Concello de Mos tiña ata o de agora contratada a unha empresa para este servizo que viña cobrando 1.300 euros mensuais, que supoñen un total de 15.600 euros ó ano, fronte ós 4.500 euros anuais que lle custará a partir de agora este servizo á administración local, gracias ó convenio coa Deputación. A porcentaxe de aforro anual gracias a este convenio ascende a case o 70%.

A edil Julia Loureiro considera neste sentido que, con este convenio, ademais de aforro económico, mellorarase en materia de protección do medio ambiente e de protección da salubridade pública, posto que, ademais da recollida de cans abandoados incluirá tamén a retirada de animáis domésticos mortos das vías públicas.

Mediante este convenio establécense fórmulas intermunicipais de xestión conxunta do servizo de recollida de animais de compañía abandoados, que permitirá acadar a máxima eficiencia, eficacia, racionalidade e calidade na prestación do mesmo no actual contexto de crise económica; visto que ademais, o abandono de animais é un problema co que se teñen que enfrontar moitos concellos, xa que en numerosos casos os propietarios optan por abandonar ós animais na vía pública o que, ademais de evidenciar un problema de tipo humanitario, supón un problema de salubridade pública e de seguridade viaria. Tan só no ano 2011 nas estradas da provincia de Pontevedra os cans abandoados provocaron 113 accidentes de tráfico cun balance de 37 feridos.