Mos, alternativa de turismo cultural

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O programa ‘Vive o Camiño en Mos’ que se presentou hoxe aporta ocio de calidade para veciños, peregrinos e demais visitantes

 

Esta mañá tivo lugar no Pazo de Mos a presentación da Programación ‘Vive o Camiño en Mos’ á que asistiron Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos e os integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos.

 

O Secretario Xeral destacou como “unha idea moi interesante” a de integrar a programación cultural do municipio nas ubicacións locais polas que transcorre o Camiño de Santiago e aglutinar a cultura que se fai en clave local con propostas que se adapten aos intereses dos peregrinos que pasan polo Concello de xeito que saen beneficiados tanto os propios veciños de Mos coma os visitantes.

 

Lorenzo considera que a cultura debe vertebrar a actividade pública das institucións e destaca tamén a importancia da repercusión económica nos municipios do Camiño de Santiago. Unha versión integrada e inclusiva de cultura e Camiño é o programa ‘Vive o Camiño en Mos’ polo que Anxo Lorenzo felicitou ás representantes municipais Arévalo e Cebreiro destacando tamén a importancia da idea novidosa e pioneira de crear a Mesa do Camiño do Concello de Mos que calificou como “unha plataforma que supón un punto de encontro fundamental entre todas as partes implicadas”.

 

Deste xeito o Concello de Mos pretende ser unha alternativa de turismo cultural para peregrinos e outros visitantes.

 

Pola súa banda a rexedora loca mosense declarou que “dende o Concello de Mos e xunto co tecido asociativo do municipio con sede ubicada no Camiño de Santiago, configuramos a programación Cultural Vive o Camiño en Mos, que consistirá en varias citas enmarcada ao longo do Camiño de Santiago e que terá lugar dende o mes de abril ata decembro e como obxectivo principal ten potenciar o Camiño de Santiago ao seu paso por Mos e o fomento da nosa cultura e tradicións. É por iso que todas estas actividades que levaremos a cabo pretenden ser unha homenaxe tanto ao camiño de Santiago como á rosa, esta bela flor, representativa no noso escudo, emblema do noso municipio e da cal posuímos fermosos exemplares. Este é un programa para todos os públicos e xeracións no que ofertaremos actos culturais e lúdicos tales como concertos, teatro, exposicións, actividades de lecer… “.

 

PROGRAMACIÓN

DOMINGO 30  DE ABRIL

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “O VESTIDO DE ONTE” unha viaxe polo pasado para coñecer as raices do traxe tradicional galego.

Horario: a partir das 12:00 h

Lugar: Sala de exposición Pazo de Mos

(o traxe, os decidos, a roupa de diario, a roupa de festa, xoias e rosarios, complementos…)

Colabora: ASOCIACIÓN CULTURAL TANGARAÑO.

 

MERCORES 17  DE MAIO

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Horario: 18:00 H

Lugar: Carballeira de Santiaguiño, Guizán.

Colabora: Comunidade de montes de Guizán.

“Uxía Lambona e a Banda Molona “nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.
No concertó do día 17 de maio no Santiaguiño de Guizan MOS, a través dunha interacción constante cos nenos, trataremos de facer estes temas máis divertidos para os cativos e que pasen a formar parte da súa memoria.

 

SÁBADO  20  DE MAIO

OBRADOIRO DE MANUALIDADES INFANTIL “A Rosa do Camiño”

Horario: de 10:00 a 13:00 h

Lugar: Albergue de peregrinos Veigadaña.

Visita ao albergue, pintura en tela “A camiseta do camiño”

Colabora: A.V.V Veigadaña

 

SÁBADO  27  DE MAIO

MONÓLOGO DABOAPIPA , “Historias de vida, guerra, amor e case morte”

Horario: ás 22:00

Lugar: salón de actos do PAZO DE MOS

Colabora: Fundación Pazo de Mos

 

DOMINGO 18 DE XUÑO

II FESTIVAL CANTO CONTO

Horario: Ao longo de todo o día

Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS

Festa da Espuma

Colaboran: AS MAIMIÑAS e EDITORIAL GALAXIA

 

VENRES 1 e SABADO 2  DE SEPTEMBRO

FESTIVAL O SON DO PAZO

Horario: a partir das 22:00 h

Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS

Organiza: Circulo Cultural Santa Eulalia de Mos

 

9 DE SETEMBRO

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “O FERROCARRIL NA LOURIÑA”

 

Datas: do 9 ao 30 de setembro

Horario: de luns a sábado de 17:00 h a 21:00 h

Lugar: Sala de exposición Pazo de Mos

 

Exposición, conferencias, visitas programadas para escolares…

Colabora: Fundación Pazo de Mos, diferentes Asociacións de Amigos do ferrocarril, grupo de veciños amantes do ferrocarril da parroquia de Mos.

 

DOMINGO 17   DE SETEMBRO

ANIMACIÓN INFANTIL no ANIVERSARIO CHAN DO BOSQUE

Horario: a partir das 18:00 h

Lugar: AVV CHAN DO BOSQUE

Organiza: AVV CHAN DO BOSQUE

 

SÁBADO 30 DE SETEMBRO

CONCERTO DO GRUPO DE ACORDEÓNS ARGONAT BAND

Horario: a partir das 21:00 h

Lugar: Auditorio do PAZO DE MOS

Colabora: Fundación Pazo de Mos

 

DOMINGO 15 DE OUTUBRO

FESTA DO CODILLO

Horario: a partir das 11:00 h

Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS

Organiza: Circulo Cultural Santa Eulalia de Mos

 

Do 16 ao 22 DE OUTUBRO

Xornadas micolóxicas

Organiza: Concellería de medio ambiente e comunidade de montes de Mos

 

SÁBADO 25 DE NOVEMBRO

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,     TEATRO MULLERES EN IGUALDADE DE MOS

Horario: a partir das 21:00 h

Lugar: Auditorio do PAZO DE MOS

 

DECEMBRO

 

II CERTAMEN DE RONDALLAS

Horario: a partir das 17:00 h

Lugar: Carballeira de Santiaguiño

 

SÁBADO 30 DE DECEMBRO

 

FESTA DE FIN DE ANO

Horario: a partir das 23:00 h

Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS

  • Este programa pode ser obxeto de modificacións.
  • Toda a información ampliada, novidades e modificacións serán publicadas na páxina web mos.es e no Facebook Concello de Mos.