Mos amplía a súa programación de Nadal gracias á axuda da Deputación

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A partir do día 2 de xaneiro e ata o día 5 levarase un espectáculo navideño a todas e cada unha das 10 parroquias mosenses

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da ampliación da programación de Nadal gracias a unha subvención da Deputación de Pontevedra.

Entre a ampliación do programa cultural navideño atópase a visita por todas e cada unha das dez parroquias de Mos, dun Carteiro Real acompañado dun duende, “dous entrañables personaxes que serán os encargados de ir repartindo un agasallo ós cativos e tentando que os seus soños se fagan realidade, así mesmo eles encargaranse de recoller as cartas dirixidas ós Reis Magos, e entretelos con divertidos xogos e trucos de maxia e contando as súas aventuras polo mundo adiante”, explicaba Cebreiro esta mañá.

As visitas ás parroquias comenzarán o mércores, día 2 de xaneiro, na parroquia de Louredo, sendo a asociación A Cividade a que acolla dita visita ás 11.30 horas. O mesmo día recibirán tamén esta actividade o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia da parroquia de Mos, ás 16.30 horas; e a A.V.V. de Guizán ás 19.00 horas.

O día 3 de xaneiro, xoves, os afortunados serán os cativos de Petelos, que poderán disfrutar deste acto na A.V.V. Santa Ana de Veigadaña ás 11.30 horas, os da parroquia de Dornelas que terán a mesma oportunidade na A.V.V. Santa Mariña ás 16.30 horas; e os da parroquia de Tameiga, onde este mesmo evento dará comenzo ás 19.00 horas nas Pedriñas.

O venres 4 de xaneiro será o turno dos nenos e nenas da parroquia de Torroso, no Centro Cultural Abrente, ás 11.30 horas; dos de Pereiras na A.V.V. San Rafael ás 16.30 horas; e dos de Cela, en Herville ás 19.00 horas. Por último, o sábado 5 de xaneiro tocaralle o turno á parroquia de Sanguiñeda na A.V.V. Ledicia ás 11.30 horas.

En todas estas visitas, ademais dos dous personaxes do Carteiro Real e o duende, tamén se contará coa representación dun show de Nadal a cargo de ‘Donky y Mudita’, que lles ensinarán ós nenos e nenas presentes cancións coas súas correspondentes coreografías. “Todo un espectáculo que fará que participe o público asistente e que encherá de sorrisos a grandes e pequenos”, declarou a edil de Cultura.

Cabalgata de Reis

Asimesmo a edil aproveitou para lembrar a celebración da Cabalgata de Reis na Avenida de Sanguiñeda o día 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas. A Cabalgata estará amenizada musicalmente polas rondallas de San Salvador de Louredo, do Centro Cultural de Herville e de Santa Eulalia de Mos. A concelleira de Cultura quixo animar a tódolos cativos mosenses a acudir á Cabalgata acompañados das súas familias, así coma a achegarse á asociación da súa parroquia na que se celebre o espectáculo anteriormente descrito, “xa qué tamén é de gran importancia o fomento da participación no Nadal, en cada unha das 10 parroquias do municipio”, dixo Cebreiro.

Por último Sara Cebreiro recordou que xa están expostas na Biblioteca Municipal as obras presentadas ó tradicional Concurso de Postais de Nadal Concello de Mos, enfocado para o público con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A mostra con todas as postais presentadas permanecerá aberta ó público ata ó 7 de  xaneiro. O venres día 4 de xaneiro celebrarase o acto de entrega de premios na Biblioteca Municipal ás 12.00 horas. En dito acto entregarase un premio por cada categoría, o que suma un total de tres premios, e ademais cada concursante recibirá un agasallo en compensación por ter participado.

En total participaron neste concurso 60 nenos e nenas de Mos coas súas respectivas postais, dos cales da Categoría de 3 a 5 anos foron 10 cativos, da Categoría de 6 a 8 anos 25 nenos; e da Categoría de 9 a 12 anos outros 25 nenos e nenas.