Mos amplía o prazo de inscrición para os obradoiros de Coaching dirixidos a pais e alumnos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O último día para anotarse será o 20 de setembro e os talleres levaranse a cabo en diversas datas de setembro, outubro e novembro

 

Por motivos de calendario escolar ampliouse o prazo de inscrición ata o día 20 de setembro para as actividades de Coaching Educativo e Intelixencia Emocional para alumnado e da Escola e Coaching para pais e nais, polo tanto a lista de admitidos nas mesmas sairá publicada o luns 23 de setembro.

 

Deste xeito o coaching para alumnado levarase a cabo os días 24 de setembro, 1, 8, e 15 de outubro; e para familias os días 3, 17, 31 de outubro e 14 de novembro.

 

Dende a concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organízase unha actividade de Coaching Educativo e Intelixencia Emocional para alumnado e dunha Escola e Coaching para pais e nais, nos meses de setembro, outubro e novembro na OMIX do Concello de Mos. O Coaching para alumnado será de carácter semanal, todos os martes cunha duración de 3 horas. O Coaching para familias será de carácter quincenal cunha duración de 2 horas.

 

O número de participantes será de ata 30 persoas, 15 alumnos/as e 15 pais/nais.

 

Sobre esta iniciativa a concelleira Kely Monzón declarou que “dende a actividade de Coaching pretendemos aumentar o nivel de motivación cara o estudo e aportar unha serie de coñecementos, así como dotación de habilidades para diminuír o índice de fracaso escolar. Entendendo como Coaching o proceso de acompañamento para conseguir o máximo desenvolvemento a todos os niveis e así mellorar o rendemento”.

 

Os obxectivos dos cursos de Coaching para estudiantes e para pais dos mesmos son favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado, promover o esforzo compartido de toda a comunidade educativa na busca do éxito escolar e na reducción do abandono temperán dos estudos por parte da poboación xove, traballar cos alumnos en risco de abandono escolar a súa motivación cara ao estudo, a toma de decisións, a resolución de conflitos todo iso aplicando técnicas de coaching e Intelixencia Emocional que os fagan descubrir as súas propias potencialidades que poden ser desenvoltas; e dotar ás familias de ferramentas e ejercicios basados no Coaching, liderazgo e intelixencia emocional,para mellorar o desenvolvemento socio-emocional dos seus fillos.

 

Os beneficiarios de ambas modalidades de Coaching serán o alumnado de 3º e 4º curso da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (escolarizados nestes niveis no curso académico 2012/2013), ou a aquel que curse algún Programa de Cualificación Profesional Inicial; e os pais, nais ou titores legais do alumnado que cursara 3º, 4º da ESO ou PCPI no curso académico 2012-2013. Se as prazas dispoñibles non se cubren con alumnos e pais dos cursos mencionados, admitiranse tamén a alumnos e pais do resto de cursos da ESO e de Bacharelato. 

 

Para participar nesta actividade hai que apuntarse no Rexistro do Concello ata o día 20 de setembro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

 

O Coaching Educativo e Intelixencia Emocional para o alumnado realizarase en sesións semanais, os martes de 17:00 a 20:00 horas, durante o vindeiro mes de setembro.

 

A Escola e Coaching para pais e nais realizarase en sesións quincenais, os xoves de 20:00 a 22:00 horas, durante os meses de setembro e outubro.

A actividade desenvolverase nas aulas do Multiusos e é totalmente gratuíta.