Mos anuncia os novos horarios de inverno do Bus Urbano

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Entrarán en vigor con motivo do inicio do curso escolar, o vindeiro mércores 11 de setembro

Dende a concellería de Mobilidade do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que o vindeiro mércores, día 11 de setembro, entrará en funcionamento a reestructuración das liñas do Bus Urbano de Mos (con motivo do inicio do curso escolar) adaptada ao horario de inverno.

A partir do mércores estarán operativas catro liñas do Plan Municipal de Transporte do Concello de Mos.

Dúas destas liñas son unha fusión das liñas azul e verde, unha con saída ás 07.15 horas de Herville e outra con saída ás 14.15 horas do IES de Mos. A que ten saída ás 07.15 horas dende Herville pasa polas parroquias de Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Mos, Louredo, Guizán, e Tameiga, con chegada ás 08.01 horas á Avenida de Puxeiros para os viaxeiros que vaian ao Centro de Saúde no Rebullón e ás 08.08 horas para os que se dirixan ao Instituto (parroquia de Petelos). A que ten saída ás 14.15 horas dende o IES (Petelos) pasa tamén polas parroquias de Tameiga, Guizán, Louredo, Mos, Sanguiñeda, Pereiras, e Cela.

As outras dúas liñas son circulares con saída e chegada ao Centro de Saúde. A liña verde ten dúas saídas, ás 09.15 horas e ás 11.20 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Cela, Pereiras, Sanguiñeda (con paradas nas Angustias e no supermercado Eroski), Petelos, Tameiga, Puxeiros e regreso ao Centro de Saúde. A liña azul ten outras dúas saídas, ás 10.15 horas e ás 12.30 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Tameiga, Dornelas, Torroso, Petelos, Tameiga de novo, Louredo, Santiaguiño, Mos, Sanguiñeda (con paradas no cruce de Carracido, na notonda de Mercadona e nas Angustias) e regreso ao Centro de Saúde.

Dende a concellería de Mobilidade do Concello de Mos aprovéitase para animar a toda a veciñanza a facer uso do transporte público urbán municipal, tanto por motivos medioambientais como de operatividade das diferentes liñas. Ademais Loureiro salienta que “se trata dun servizo moi completo que achega aos viaxeiros tanto ao Centro de Saúde para as súas citas médicas, ás zonas dos centros de estudo, aos supermercados para poder ir facer á compra… etc.”. “Trátase, en definitiva, dun servizo moi práctico e económico no que todo son vantaxes, polo que dende o Concello gustaríanos que progesivamente se fose incrementando o seu uso exponencialmente”, concluiu a concelleira Julia Loureiro.