Mos anuncia un plan de limpeza viaria de oito meses de duración

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os tres primeiros meses adicaranse á limpeza de cunetas e os seis últimos meses ó desbroce, o terceiro mes compaxinaranse ambas tarefas

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Limpeza Viaria, Cándido Pérez, informaron hoxe de que próximamente dará comezo un plan de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do Concello.

 

Tras a recente adxudicación da obra, os representantes municipais anunciaron esta mañá que se iniciarán próximamente os traballos, empezando pola parroquia de Mos e continuando ata completar a limpeza viaria nas dez parroquias mosenses.

 

O edil Cándido Pérez explicou ó respecto que “este plan de limpeza viaria conta cun orzamento de 100.000 euros e terá unha duración total de oito meses”. O primeiro, segundo e terceiro mes do plan a empresa adxudicataria adicarase ós labores de limpeza de cunetas, mentres que o terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo e oitavo mes os traballos centratanse no desbroce; compaxinando, durante o terceiro mes, as tarefas de limpeza de cunetas e desbroce. Durante estes oito meses adicaranse oito horas diarias ós traballos de limpeza e desbroce de cunetas.

 

O persoal e maquinaria que acometerán os traballos de limpeza de cunetas durante os vindeiros meses serán un camión para transporte de material retirado con medios auxiliares de sinalización, unha pala mixta con medios auxiliares de sinalización, diversos cazos adaptados, un tractor con folla niveladora co seu correspondente operario e medios auxiliares e un operario para traballos manuais e medios auxiliares. No caso do labor de desbroce empregaranse un tractor co seu correspondente operario e medios auxiliares, dous operarios para traballos manuais con desbrozadora e medios auxiliares e, a maiores durante o mes de xullo que é a época do ano na que crece unha maior cantidade de maleza, un tractor co seu correspondente operario e medios auxiliares. Tamén a maiores, tanto para a limpeza coma para o desbroce, haberá dúas persoas encargadas da regulación do tráfico.

 

Sobre o obxectivo deste plan de limpeza viaria que ven levándose a cabo anualmente no termo municipal de Mos, rexedora local e concelleiro declararon que “coa súa posta en marcha trátase de evitar o efecto perxudicial que a vexetación ocasiona nas estradas, non tan só na vida do firme polo feito de impedir unha rápida evacuación das augas pluviais, senón tamén polas dificultades que orixina ó tránsito rodado como consecuencia da reducción da visibilidade que ocasiona; remarcando ademais o feito da diminución do ancho da estrada en cuestión, cando se produce a invasión da maleza que aumenta a perigosidade dese vial e dálle ó condutor unha impresión de abandono e mala conservación”.

 

Para evitar tales problemáticas o Concello de Mos procede a realizar traballos de limpeza viaria que implican a eliminación da vexetación herbácea e arbustiva que medra tanto nas cunetas das estradas coma nas súas zonas contiguas.