Mos arranca o curso escolar 2021/2022, camiñando cara a normalidade, retomando as actividades extraescolares

Escrito por admin. Posteado en Actualidade


Máis de 1.000 alumnos/as de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos comezaron o novo curso escolar, con moitas ganas e ilusión e buscando a maior normalidade posible, despois da pandemia.

A Alcaldesa Nidia Arévalo e a Concelleira de Educación Julia Loureiro, reuníronse este pasado mércores para ultimar detalles referentes a este curso escolar, e trasladar a intención de retomar as actividades extraescolares promovidas dende o Concello, ( balonman, baloncesto, multideporte, e piscina,) no mes de outubro, sempre cumprindo os protocolos e medidas estipulados e marcados pola Xunta.
A concelleira de Educación tamén lles confirmou que este mes de setembro, se remitirá ao centro educativo a programación que se levaba aos centros educativos dentro do horario lectivo en cada curso escolar ( axedrez, contacontos, prevención violencia xénero, día internacional discapacidade, etc).

O colectivo de Anpas comunicou, que tamén retomarán as súas actividades extraescolares e continuarán dando os servicios, de aula matinal e comedor escolar.

Cabe recordar, que Mos foi un dos únicos concellos que o curso 2020/2021 mantiveron os servizos de “aulas matinais” e “comedores escolares”,
Centro educativo, ANPA e Concello, sempre da man para facilitar a conciliación familiar e laboral