Mos asina un convenio coa Xunta para realizar actividades no marco da Rede CEMIT

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

As iniciativas a emprender perseguen a alfabetización dixital mediante o desenvolvemento de plans de formación

 

Fai uns días o Concello de Mos asinaba a adhesión ó Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades que se adhiran para a realización de actividades coa Rede de Centros Para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CEMIT) da Xunta de Galicia. O Pleno da Corporación municipal mosense aprobara por unanimidade en xuño do ano pasado a adhesión deste Concello á rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, CEMIT; e ó Programa de Voluntariado Dixital, ambas propostas promovidas pola concellería de Formación e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto.

 

Mediante a adhesión á rede CEMIT, iniciouse o proxecto de crear un  Centro de Dinamización Tecnolóxica, ó abeiro da axuda do programa Leader Galicia 2007-2013, dirixido á poboación e ao tecido empresarial en particular, e que dispón de tódolos medios informáticos, electrónicos e multimedia necesarios para mellorar a calidade de vida da poboación, o acceso ao mercado de traballo pola poboación desempregada, a mellora da ocupabilidade, tanto de activos como de parados, a mellora e incremento da competitividade e do acceso ás novas tecnoloxías por parte de Pemes e de empresarios individuais. Dito Centro de Dinamización Tecnolóxica en Mos é xa unha realizade e atópase instalado nas dependencias do CDL, Centro de Desenvolvemento Local mosense. O concelleiro Óscar Soto declarou a este respecto que “o que queremos é que os nosos veciños estean á vangarda do progreso e que sexan ciudadáns de primeira”, dixo. 

 

A rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica constitúe unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia que busca impulsar as TIC e a sociedade da información na comunidadde galega. Esta rede forma parte da Axenda Dixital 2014.gal enmarcada no Plan Extratéxico Galicia 2010-14, que ten como fin acadar a converxencia con Europa no horizonte do ano 2020.

 

Convenio

 

A sinatura deste último convenio implica que o Concello de Mos asume o protocolo establecido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia á hora de executar as accións formativas e divulgativas enmarcadas dentro do programa da Rede CEMIT. Neste sentido, a administración local mosense emprenderá próximamente iniciativas de difusión de proxectos en materia de alfabetización dixital, plans de formación para colectivos; e accións de adopción, xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas en beneficio da sociedade galega.