Mos Axuda ante o COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ademais da prestación dos servizos de SAF e Teleasistencia, Mos Axuda organiza aos/ás voluntarios/as para administrar subministros básicos durante a crise do COVID-19.

 

  • Tanto os:
  • Interesados en prestar servizo voluntariamente
  • Como os que precisen do mesmo
  • Ou coñezan algún caso de alguén que o necesite
  • Deben contactar telefónicamente co Concello:
  • De mañá: 986331200 e de tarde: 986337453

 

  • Os/as beneficiarios/as serán:

 

  • Persoas de avanzada idade (de 70 anos en diante).
  • Persoas dependentes.
  • Que padezan algún tipo de discapacidade ou con mobilidade reducida.
  • Quedando excluídas as que estean recibindo o SAF.
  • Servizos: Subministro básico de alimentación e fármacos.