Mos celebra o Día da Árbore cunha prantación de exemplares a cargo dos cativos da Escola Infantil Trastes

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Realizouse nunha parcela municipal no Polígono da Veigadaña coa participación de 70 nenos e nenas

Con motivo do Día da Árbore, que hoxe se conmemora, o Concello de Mos xunto con AEMOS e a Escola Infantil Trastes organizou esta mañá unha actividade de prantado de árbores na parcela municipal contigua á dita á Escola Infantil con alumnado da mesma.

Na iniciativa estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Participación Cidadá, Julia Loureiro, o presidente de AEMOS, Manuel Castro, membros da dirección e equipo docente de Trastes e membros da dirección do Obradorio Municipal de Emprego Mos Rehabilita II, encargado de conducir esta actividade.

Preto de 70 cativos das Escolas Infantís Trastes de Mos, Poio, Santiago e Oroso, prantaron hoxe 40 árbores coa axuda dos 10 integrantes (9 allumnos/as-traballadores/as e 1 monitor) da especialidade de xardinería forestal do Obradoiro Mos Rehabilita II.

En total, entre plantación e recuperación, esta parcela municipal no Polígono da Veigadaña quedará reforestada con 130 exemplares de árbores autóctonas e de xardinería: carballos, loureiros, figueiras, cereixeiras, arces, olmos, membrillos…

Estes traballos que están a ser realizados polos membros do Obradoiro de Emprego quedarán rematados ao longo do vindeiro luns 29 de abril. O Obradoiro de Emprego Mos Rehabilita II continuará en activo ata o vindeiro 10 de agosto.