Mos celebra o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero facendo balance do seu II Plan de Igualdade

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tamén tiveron lugar durante a mañá de hoxe charlas de concienciación en colexios mosenses

 

Esta mañá levouse a cabo no CDL, Centro de Desenvolvemento Local mosense, ás 12.00 horas, a presentación da Avaliación do II Plan de Igualdade de Mos 2009-2012, como acto conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero que hoxe se celebra. No acto estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Benestar Social, Sara Cebreiro, representantes da Corporación Municipal mosense e de diversas asociacións do municipio.

 

O Concello de Mos, trás iniciar o seu compromiso por traballar a igualdade entre homes e mulleres, deu con este II Plan continuidade ó I Plan Municipal de Igualdade de Mulleres e Homes 2004-2007 e continuou deste xeito o labor por erradicar as desigualdades por razón de xénero ao diseñar o II Plan de Igualdade do Concello de Mos 2009-2012. Tivo en conta o primeiro plan co fin de levar a cabo unha continuidade en base ao mesmo fio conductor para unha mellor incidencia e cambio. O II Plan baseouse datos culturais, demográficos, sociais, laborais e educativos do municipio, facendo uso dos rexistros que levan a cabo os distintos departamentos. Tamén tívose en conta o marco normativo no que estamos inmersos na actualidade a nivel internacional, nacional e autonómico. O II Plan consta de 4 liñas estratéxicas: 1º) Área de concienciación e sensibilización, 2º) Área de servizos sociais e de conciliación da vida persoal, laboral e familiar; 3º) Área da saúde e benestar e 4º) Área sobre a violencia de xénero. Cada liña estratéxica consta dunha serie de actuacións e obxectivos xerais e específicos.

 

A avaliación deste II Plan de Igualdade realizouse en base a catro dimensións tales coma a análise do proceso, dos resultados, do impacto e o análise cualitativo. O fin do programa é detectar novas necesidades e plasmar recomendacións e melloras a ter en conta no deseño do III Plan de Igualdade do Concello de Mos e orientar as directrices da súa implementación.

 

Durante o desenrolo do II Plan de Igualdade primouse a transversalidade promovendo actividades que incidisen no fomento da igualdade entre homes e mulleres dende todas as concellerías e departamentos municipais. Entre ditas iniciativas cómpre destacar o Obradoiro de Teatro de Mulleres na Igualdade que cumple este ano a súa cuarta edición e que consiste nun taller que incide moitísimo na concienciación e na sensibilización para a igualdade entre xéneros. Resaltar tamén que para optimizar a avaliación procedeuse a realizar enquisas entre todas e todos os traballadores municipais.

 

Todos estes datos foron pormenorizadamente explicados e expostos pola técnico, Traballadora Social, que se encargou do estudio e avaliación do II Plan.

 

Ademais do acto central celebrado hoxe ó mediodía a programación mosense conmemorativa do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero inclúe outras actividades e iniciativas tales coma a escenificación por parte da compañía Atrezo Teatro da obra Consello de Nai no Multiusos mosense que tivo lugar onte pola tarde, e charlas de concienciación nos colexios e no instituto mosenses durante os días de hoxe e mañá. A concellería de Educación e Participación Cidadá, dando continuidade a estas iniciativas de concienciación, organiza unha actividade formativa –consistente nas mencionadas charlas de concienciación- dirixida ó alumnado de 6º de primaria do CEIP de Petelos, do Colexio de Castro-Mos e 3º da ESO do IES de Mos. Esta actividade está a ser levada a cabo por Jorge Araujo, técnico da Garda Civil destinado no Cuartel de Mos, e especialista en materia de violencia de xénero.

 

As charlas teñen unha duración de 50 minutos por aula, distribuídos entre unha parte de charla e diálogo, e a proxección da curtametraxe “Conversa cunha muller morta”. Preténdese achegar a información de xeito ameno e activo polo que se fomenta a participación, dándoselle a oportunidade ao alumnado para formular as súas dúbidas e inquedanzas, clarificando así conceptos e desmitificando prexuízos.