Mos celebra o remate do actual curso escolar 2016-2017 co tradicional concerto didáctico

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Foi impartido pola Escola Municipal de Música en catro colexios mosenses

 

Os colexios mosenses Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Petelos, Atín e Pena de Francia puideron hoxe ser esceario do tradicional concerto didáctico que organiza cada ano, como actividade de final de curso, a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil mosense Kely Monzón. Os destinatarios desta iniciativa foron os alumnos e alumnas de Educación Primaria dos catro CEIPs citados.

A actividade consistiu nun concerto didáctico a cargo da Escola Municipal de Música, sita en Torroso, cunha duración duns cincuenta minutos aproximadamente. Trátase dun evento interactivo onde os máis pequenos aprenden a distinguir as familias de instrumentos empregando os seus sentidos (vista, oído e tacto). Trátase en definitiva, dun encontro diferente coa música, cos músicos e cos instrumentos.

Ademais das actuacións por parte da Escola Municipal de Música realízase unha explicación dos instrumentos que van participando no concerto; sendo a continuación os protagonistas da seguinte canción. Contouse cos seguintes instrumentos ó longo da sesión: dúas trompetas, o trombón, o clarinete, o saxofón, a frauta traveseira e a batería.

O concerto desenvolveuse dentro do horario lectivo.

Os obxectivos desta actividade son, tal e como explicou a concelleira Monzón, “achegar o marabilloso mundo da música aos alumnos/as do Concello de Mos, proporcionar unha actividade didáctica de carácter musical e permitir o acceso á música nas mellores condicións, promover o coñecemento dos diferentes instrumentos musicais, a súa estrutura dentro da orquestra e o coñecemento das obras, espertar entre os máis pequenos a curiosidade e interese por esta arte, fomentar unha clase de ocio, no que o alumnado disfrute aprendendo e dar a coñecer á Escola Municipal de Música e ós seus músicos”.