Mos celebra unha Mesa Sindical para dar conta do Plan Municipal de Reincorporación ao Traballo e Apertura das Oficinas e a Atención ao Público

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase dun documento marco que se lles presentou hoxe aos sindicatos para que o estuden e realicen as aportacións que consideren necesaria e beneficiosas

 

Hoxe ás 13.00 horas  vense de celebrar por videoconferencia unha Mesa Sindical do Concello de Mos presidida pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e integrada pola concelleirs de Persoal, Julia Loureiro, o Secretario Municipal, Víctor Rodríguez, a Técnico de Persoal, Tatiana Iglesias e representantes dos sindicatos: Rodrigo Iglesias pola CIG, Purificación Barciela e Enrique de C.C.O.O., e Manuel Castro do CSIF.

O motivo da xuntanza foi a presentación aos representantes sindicais do Plan Municipal de Reincorporación ao Traballo e Apertura das Oficinas e a Atención ao Público como documento marco a seguir, pero tamén como un programa vivo aberto a suxerencias, modificacións e melloras se fose necesario. Polo que se lles deu a oportunidade aos sindicatos de que o estuden e realicen as aportacións que consideren necesaria e beneficiosas.

 

Este plan de reincorporación estrutúrase en varias fases: incorporación dos traballadores inmediatamente necesarios para realizar as labores de desifección no exterior, organización, limpeza das instalacións, instalación das medidas de seguridade, información aos traballadores e apertura controlada e limitada das instalacións municipais.

 

Na fase de incorporación inmediata dos traballadores necesarios para realizar as labores de desinfección no exterior inclúense todos os operarios de Vías e obras, así como os conserxes dos edificios municipais, incluídos os dos colexios. O obxectivo e dotar do máximo persoal posible a unidade de limpeza.

 

A fase de organización contempla a adopción de medidas extraordinarias polo COVID-19, a revisión das instalación municipais para a detección das medidas necesarias a tomar e os Equipos de Protección Individual Sanitaria (EPIS).

 

A fase de limpeza de instalacións inclúe a desinfección realizada os pasados luns e martes, 20 e 21 de abril, polo Servizo Municipal de Emerxencias mediante una ionización das instalación con cañóns de ozono. Tamén inclúe a redistribución do persoal de limpeza que ademais recibiu unha formación específica presencial o pasado martes 21 de abril. No mantemento da limpeza das instalacións, posteriormente, estimase a utilización do dobre do persoal que realizaba antes a limpeza destes centros.

 

A fase de instalación das medidas de seguridade inclúe cambios nas instalacións municipais como a instalación de grifos con sensor nos baños, colocación de dispensadores de hidrogel alcohólico desinfectante para mans, nos baños, e nas entradas dos edificios, mamparas protectoras nos mostradores, mesas e ventanillas de atención ao público, alfombras desinfectantes para as entradas de todas as instalacións municipais e con carácter xeral distribuirase solución hidroalcohólica, mascarillas, e guantes para todo o persoal.

 

A fase de información aos traballadores consiste en que o persoal municipal vai ser chamado polo departamentos por RRHH para explicarlles as condicións coas que vai atoparse no seu posto no momento da reincorporación, así como tamén se transmitirá as instrucións sobre as medidas de prevención adoptadas, así de como debe desenrolarse o seu traballo coa máxima protección.

 

E por último a fase de apertura controlada e limitada das instalacións municipais. Nesta fase de apertura, redúcese o persoal dedicado a limpeza da fase anterior de limpeza de instalacións, aínda así o persoal é dobre do que antes da crise do COVID-19 se empregaba para este cometido.

 

A reincorporación sempre ten como principio básico a minimizacióndo risco. Esta reincorporación está baseada nunha xornada flexible e nalgúns casos a turnos. Establecerase turnos en todos os postos nos que sexa imposible manter a distancia de 2 metros de seguridade entre traballadores, e tamén naqueles postos que supoña unha atención ao público. A afluencia de público debe ter presente a necesidade de poder gardar a distancia de seguridade, e evitar a aglomeración, polo que o mellor sistema é establecer un control de acceso. A persoa encargada do mesmo debe vixiar que tanto o público que esta dentro da instalación como o que espera, garde a distancia de seguridade.

 

Esta reincorporación tamén debe de dar prioridade a atención telemática e telefónica, organizando un servizo de atención a publico, tan só nos casos imprescindibles. Neste casos establecerase unha atención con cita, que o cidadán deberá de solicitar antes de acudir.