Mos coa Butaca é un ciclo de cine co que se retoma o programa Noites Vivas no municipio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A proxección da primeira película, “Ocho apellidos vascos”, realizarase o sábado 25 de outubro ás 22:00 horas no novo centro dotacional de Torroso

 

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil mosense Kely Monzón, retoma o programa Noites Vivas cun ciclo de cine  titulado Mos coa Butaca.

 

Nesta nova edición de Noites Vivas comezarase a programación cunha serie de xornadas cinematográficas durante as que se reproducirá unha película no novo centro dotacional de Torroso. Os obxectivos desta iniciativa son promover un ocio nocturno saudable na xuventude do municipio de Mos, ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para a xuventude  mosense, habililitar horarios nocturnos en espazos municipais, motivar ós xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, evitar o estilo de ocio actual baseado no consumo de alcohol e outras sustancias nocivas para a saúde e o correcto desenrolo persoal, crear novos espazos de socialización e divertimento, impulsar o concepto de Concello saudable a través do ocio nocturno colectivo programado e promover a calidade de vida da xente nova.

 

Os beneficiarios e beneficiarias directos deste programa son os mozos e mozas entre 14 e 35 anos do municipio de Mos. Indirectamente tamén está dirixido a todos os xoves entre estas idades doutros municipios e que estean interesados nesta programación, así como o entorno familiar dos mozos e mozas e toda a comunidade do municipio.

 

A actividade consistirá na produción de diferentes films o último fin de semana dos meses de outubro, novembro e decembro. A primeira película en proxectarse será “Ocho apellidos vascos”  o sábado 25 de outubro ás 22:00 horas.

 

A continuación chegará o ciclo de curtametraxes contra a violencia de xénero titulado CurtaMos coa Violencia, que terá lugar o día 29 de novembro, sábado, a partir das 22:00 horas; e que está promovido pola concellería de Benestar Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro. Este departamento municipal pretende alcanzar varios retos coa programación deste ciclo, entre eles sensibilizar acerca da problemática da violencia de xénero, e por outro lado, dar visibilidade á problemática a través da mirada de directores e directoras que o plasman en imaxes. Esta programación de curtametraxes ten claro o desexo de transmitir á sociedade valores de plena igualdade, participación e desenvolvemento íntegro da muller como persoa. Este ciclo organízase con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro. As curtametraxes que se van proxectar o 29 de novembro son “El orden de las cosas”, “No aguanto a tus padres”, “Miente”, “Recursos humanos”, “La cruz”, “Deazularrojo”, e “Libre directo”.

 

Por último, o film que se poderá ver en decembro leva por título “Kamicace” e proxectarase o sábado 27, tamén ás 22:00 horas.