Mos constitúe unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tras o decreto municipal anunciado o pasado xoves 12 de marzo polo que se pechaban as dependencias municipais e quedaban suspendidas as actividades extraescolares dependentes do Concello e os cursos do programa Tempo de Lecer, hoxe quedou constituída a Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19.

 

A devandita Comisión de seguimento está integrada pola Alcaldía, os Concelleiros de todas as Áreas de Goberno, o Xefe da Policía Local, o Responsable dos servizos de Emerxencia e Protección Civil, a Xefa do departamento de Servizos Sociais e o Secretario Municipal.

 

  • Entre outras medidas a Comisión estableceu e regulou o teletraballo dos/as empregados/as municipais. Para o persoal municipal que por motivos das súas funcións non podan desenvolver o seu traballo dende o seu domicilio farano a porta pechada por turnos e polo tempo imprescindible para minimizar ao máximo o risco de contaxios laborais.

 

  • Queda suspendida toda atención presencial ao público nas dependencias do Concello debendo realizarse todas as consultas vía telefónica ou telemática:

Telemáticas (www.mos.es)

Telefónicas:

Casa do Concello 986.331.200

Urbanismo 986.331.402

Servizos Sociais 986.337.278

Policía Local 686.777.777

 

  • Tamén quedan suspendidas as sesións ordinarias dos órganos colexiados da Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación e Comisións

 

  • E acordouse a prestación de servizos mínimos no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

  • Ademais acordouse que por parte da empresa concesionaria do contrato de servizos da limpeza se proceda a unha desinfección dous días á semana en todas as zonas urbanas do Concello.

 

  • Suspendidas temporalmente todo tipo de actividades no municipio e pechados ao público todos o edificios e instalacións municipais, así como os espazos públicos.