Mos continúa a mellorar o tramo do Camiño de Santiago que transcorre polo municipio grazas a unha axuda da Axencia Turismo de Galicia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Evítase o feísmo embelecendo os espazos de recollida de lixo con cubre contedores fabricados en madeira e aceiro cortem

O Concello de Mos asina un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no municipio, consistentes no embelecemento das zonas do Camiño de Santiago onde se atopan instalados contedores de recollida de lixo, mediante a instalación de elementos cobertores fabricados con materiais estéticos que evitan o feísmo.
O obxectivo é a posta en valor dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais destacando a súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.
Da instalación destes cubre contedores asumirá a Axencia Turismo de Galicia un 65%, en base ao convenio de colaboración, e o Concello de Mos a contía restante.
O Camiño de Santiago ao seu paso por Mos
O enorme e rápido crecemento do turismo en Galicia, provoca tamén un grande fluxo de persoas de distintas procedencias e condicións socioculturais, atraídos ben pola natureza, paisaxe, gastronomía, cultura e as xentes. No caso do Camiño de Santiago este fenómeno vai a máis día a día. Na presente actuación de instalación de mobiliario de cubre contedores en 5 ubicacións de recollida de lixo prenténdese por en valor a traza do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos e armonizar co ambiente mellorando a apariencia estética.
Ubicación e características técnicas
A instalación de mobiliario comprende as ubicancións de: Avenida de Galicia, diante da Capela das Angustias; Amierirolongo-Sanguiñeda, na zona da Asociación de Veciños Chan do Bosque, Veigadaña, Os Cabaleiros (parroquia de Mos), e entorno da Capela de Santiaguiño (Guizán).
Os cubre contedores a instalar estarán fabricados en base a unha estructura composta por madeira tratada en autoclave resistente ao exterior anclada con estuctura de aceiro corten con porta corredeiras sobre perfil de aceiro inoxidable e escudo do Concello de Mos grabado sobre placa de aceiro cortem. As características dos materiais a empregar son madeira tratada, portas corredeiras e placa en aceiro cortem con escudo calado de 1,35 x 1,00 m e 2 mm de espesor.
Outros cubre contedores
O Concello de Mos xa instalou outros dous cubre contedores exactamente iguais aos que se van colocar grazas á subvención da Axencia Turismo de Galicia fronte á Capela de San Amaro (Petelos) e no Pazo de Mos e instalará, financiándoos con fondos propios municipais, outros cinco a maiores dos cinco para os que se acadou a axuda autonómica. Tamén serán exactamente iguais aos xa instalados no Pazo e San Amaro e colocaranse en cinco das zonas máis transitadas do Concello (fóra do Camiño de Santiago): A Rans (Tameiga), Puxeiros (Tameiga), Torroso (inmediacións do Centro Dotacional), Peinador e San Eleuterio.