Mos continúa baixando o paro por sexto mes consecutivo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, anuncia que o municipio tiña en setembro case 40 desempregados menos que en agosto e preto de 200 menos que en marzo de 2013

 

O concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde do Concello de Mos, Óscar Soto, informou hoxe do descenso do paro en Mos o pasado setembro, continuando cunha baixada da taxa de desemprego que se prologa xa durante seis meses consecutivos.

 

De agosto a setembro o municipio de Mos reduciu en 37 persoas o número de desempregados veciños da localidade mosense, pasando de 1.756 a 1.719.  En marzo de 2013 Mos contaba entre os seus habitantes con 1.900 parados, comenzando dita cifra a descender dende o mes seguinte e baixando mensualmente ata chegar ós 1.719 do pasado mes de setembro. Neste último semestre reduciuse a cifra de desempregados mosenses en 181, sendo o mes no que máis se rebaixou a taxa do paro xullo de 2013, cunha cifra total de insercións laborais de 88.

 

Sobre estes datos que vislumbran unha realidade que invita ó optimismo, aínda que moderado, Soto declarou esta mañá que “o desemprego segue a ser un dos catro pilares fundamentais da liña de traballo do goberno local, no que se leva mellorado sensiblemente, tal e como se prometera ó comezo da presente lexislatura, mellora acadada a pesar do esceario hostil a nivel nacional en materia de emprego, a situación de crise económica e as escasas competencias municipais sobre o emprego; así coma que Mos é a cuarta localidade da provincia de Pontevedra en tecido empresarial e industrial, polo ante o peche ou reducción de plantilla dunha gran empresa do termo municipal, este e os seus veciños sufren enormemente quedando reflectido nas cifras do paro local”.

 

Ademais o edil destacou que actualmente o Concello de Mos xa non conta con Obradoiro Municipal de Emprego en activo e a estación estival xa rematou, polo que non existe ningún condicionante que poida desvirtuar os datos de descenso do paro antes descritos.

 

Os logros acadados dende a concellería de Formación e Emprego respecto da reducción do número de desempregados son debidos, en boa parte, segundo explicou Óscar Soto “ós departamentos de orientación laboral e de asesoramento a emprendedores do Concello de Mos, realidade esta que se ven demostrando pola media de 8 desempregados en primeira visita diarios ós que atende o primeiro departamento citado, que veñen sendo un mímimo de 240 desempregados ó mes; e polo importante incremento detectado de usuarios demandantes do servizo de asesoramento a emprendedores, o que demostra que esta fórmula de automemprego está pasando de ser un discurso a unha realidade e son moitos os desempregados que optan por esa fórmula como alternativa. Concretamente, o departamento municipal de asesoramento a emprendedores está atendendo actualmente unha media de 4 proxectos á semana, proxectos dos cais se estudia a súa viabilidade e, unha vez certificada a mesma dáselle ó emprendedor en cuestión unha pauta cos pasos a seguir para poñer en marcha o seu negocio, indicándoselle ás administracións ás que ten que dirixirse, os trámites burocráticos a realizar, etc.”.

 

En definitiva, e en resumen, Soto quixo deixar claro que “o primordial para o goberno mosense seguen a ser as 1.719 prioridades municipais, que non son nin máis nin menos que os 1.719 veciños e veciñas de Mos que se atopan en situación de desemprego e polos que imos continuar traballando”, dixo o concelleiro de Emprego e tenente alcalde.