Mos contrata a 10 persoas en situación ou risco de exclusión social

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Traballarán para o Concello ata maio de 2015 e o seu salario está subvencionado pola Xunta

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Benestar Social, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que xa están a traballar para a administración local as 10 persoas en situación ou risco de exclusión social preceptoras de RISGA cuxa contratación se prolongará durante 7 meses.

 

As representantes municipais explicaron que este programa de inserción laboral é posible gracias á subvención íntegra dos salarios destas 10 persoas por parte do Servizo de Emprego e Formación da consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O importe total da axuda autonómica que lle foi concedida ó Concello de Mos para este fin ascende a 102.834,46 euros.

 

Os traballadores, con contrato de 7 meses e cunha xornada laboral do 75%, estarán en plantilla no Concello ata o vindeiro 21 de maio de 2015. Todos os traballadores son persoas preceptoras da RISGA cunha antigüidade mínima de 6 meses e estaban inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas.

 

Os 10 contratados repártense en diferentes postos de traballo. 4 das persoas son operarios de xardinería, outras 4 son operarios de mantemento de edificios, un oficial de segunda pintor e un administrativo. Por sexos son, en total, 6 mulleres e 4 homes.

 

Todos eles participan no programa de rehabilitación e mantemento de edificios e espazos públicos do Concello, se ben cada un deles realiza unhas funcións específicas propias dos seus respectivos postos de traballo. Os operarios de xardinería adícanse a mantemento e operacións de choque en parques e xardíns tales coma transplantes, podas, reprantacións, etc., operacións auxiliares de preparación do terreo, prantación e sembra de cultivos e operacións auxiliares de rego, aboado e aplicación de tratamentos en cultivos.

 

Os operarios de mantemento de edificios adícanse á reparación de pequenas avarías nos edificios e nas súas instalacións, realizando traballos sinxelos de albanelería, electricidade, fontanería, calefacción, carpintería, pintura e empapelado. O oficial de segunda pintor adícase á preparación e pintado de todo tipo de superficies, e o administrativo realiza tarefas de apoio ás áreas administrativas do Concello.

 

Respecto deste programa as representantes municipais declararon sentirse satsifeitas ó sumar con esta unha acción máis de loita contra o desemprego en Mos, “que é, se cabe, máis reconfortante aínda ó tratarse de veciños e veciñas en situación ou risco de exclusión social”, dixeron.