Mos dá a benvida ao municipio co SOMOSMOS nas súas entradas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

As rotondas e interseccións viarias xa contan cos sinais luminosos instalados

 

O slogan municipal SOMOSMOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños e veciñas, que grazas a el ven reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión.

Neste sentido, para reforzar aínda máis ese sentimento veciñal de orgullo de formar parte do pobo de Mos, para dar a benvida ao municipio e tamén con obxectivos informativo e estético de embelecemento dos viais, o Concello de Mos instalou en 2021 a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e insterseccións viarias de entrada a Mos, que comezaba a principios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga.

E remata o 2021 cos novos letreiros lumínicos en Cela-Alto de San Cosme, Louredo-Os Valos, Torroso-Peinador e Guizán-Santiaguiño.

Nas rotondas das Angustias e Costilleta xa se atopaban instalados os sinais de SOMOSMOS desde fai varios anos. No caso da rotonda das Angustias, proxectado nas pantallas da fonte instalada no centro da glorieta.