Mos dispón de wifi no contorno do Concello gracias á instalación da Deputación

Escrito por admin. Posteado en Actualidad

Mos dispón de wifi no contorno do Concello gracias á instalación da Deputación.

Os interesados en conectarse a Internet de xeito gratuíto poden achegarse xa ata a Casa Consistorial.

A Deputación de Pontevedra por medio dos técnicos da empresa Iberbanda instalou onte no Concello de Mos un servizo de wifi que dá conexión gratuíta á Casa Consistorial mosense, sita en Petelos, e a todo ó seu contorno.

Deste xeito, segundo informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde, Óscar Soto, “tódolos usuarios de Internet que desexen conectarse de xeito gratuíto mediante esta rede wifi xa poden facelo achegándose ata a Praza do Concello ou ó aparcadoiro que se atopa ubicado na parte posterior do mesmo”. Asimesmo esta rede wifi dá tamén cobertura á Casa Consistorial.

Mos continúa así coa súa aposta a prol do fomento da aplicación das novas tecnoloxías tanto na administración local coma entre a veciñanza.

Para que todos os veciños e veciñas que estean interesados en facer uso desta rede wifi poidan facelo dende xa, Óscar Soto explicou o procedemento a seguir consistente, primeiramente, en achegarse ata a zona de cobertura xa mencionada e conectarse mediante ordenador portátil ou dispositivos móbiles ben á rede wifi Repoblar, ou ben á rede wifi Iberbanda.

No caso de que o usuario elixa a rede Repoblar, ó conectarse, esta xa lle facilita o nome de usuario e contraseña que debe introducir para que o acceso lle sexa permitido; mentres que se elixe a rede Iberbanda esta lle solicitará un nome, un número de teléfono móbil e un correo electrónico para a continuación, facerlle chegar ó usuario en cuestión un nome de usuario e unha contraseña mediante unha mensaxe de texto ó teléfono móbil que previamente este lle fracilitou a Iberbanda, por último, unha vez introducidos dito nombre de usuario e contraseña, o usuario poderá dispor dun tempo limitado para navegar por Internet.

Mos dispón de wifi no contorno do Concello gracias á instalación da Deputación

Escrito por admin. Posteado en Actualidade