Mos distinguiu co selo de compromiso social a 13 empresas colaboradoras do II PIE Mos 3.0

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Plan Integrado de Emprego hoxe clausurado acadou un 70% de inserción laboral dos seus usuarios/as

Esta mañá celebrouse na Axencia de Colocación de Mos o acto de clausura do II Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 na que estiveron presentes as técnicas do Plan, Ana Concheiro e Begoña González, 13 das empresas colaboradoras co PIE, que recibiron a distinción do selo municipal de compromiso social co emprego, algúns dos 60 usuarios/as que participaron no segundo PIE, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,  o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes González, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves.

Durante a clausura aportouse o positivo dato de que 50 dos 60 usuarios do segundo PIE Mos 3.0 conseguiron un traballo e 42 deles continúan a traballar a día de hoxe. A procentaxe de inserción supera en 25 puntos o compromiso adquirido inicialmente.

A segunda edición do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 pode presumir de cifras, xa que dos 60 usuarios/as que participan no mesmo 50 deles/as traballaron e 42 están actualmente insertados no mercado laboral e, polo tanto, traballando. Por outra banda a día de hoxe a porcentaxe de inserción laboral acadada polo II PIE alcanza o 70%, dato que supera en 25 puntos o compriso de inserción, que fóra fixado no proxecto inicial nun 45%.

Estas cifran non son máis que o resultado do rigor na execución do proxecto e o acerto na programación do mesmo, unido a incorporacións novas e pioneiras, valorando o apoio das empresas coa creación de emprego de calidade e dando visibilidade ás mesmas, todo isto sen abandonar o fin principal e obxectivo do PIE do cumplimento das insercións marcadas.

As accións que se levaron a cabo dende o Plan de Emprego foron orientación laboral personalizada, asesoramento a emprendedores/as, formación e prácticas en empresas.

Deste xeito a II Edición do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 acadou o seu punto final cuns magníficos resultados. O II PIE 3.0 iniciouse o 1 de setembro de 2016 e rematou o pasado 31 de agosto. Contou cunha inversión económica total de 132.263,49 euros, dos que 104.426 euros son subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o resto asúmeo a propia administración local mosese. Este segundo PIE contou cun total de 60 persoas beneficiarias, da cales 53 son menores de 30 anos e as 7 restantes maiores de 30 anos.

Durante o PIE impartíronse 37 accións formativas que supuxeron un total de 1048 horas lectivas, asináronse convenios con 8 empresas que acolleron a 29 persoas en prácticas, contactouse cun total de 234 empresas de distintos sectores e tramitáronse 131 ofertas de emprego. Ademais 82 empresas acudiron ao II PIE mosense para reclutar persoal.

Como xa se dixo, 50 dos 60 usuarios /as do II PIE Mos 3.0 traballaron ou traballan dende o inicio do plan, o que supón a elevadísma porcentaxe do 83%. Algún dos usuarios xa tivo máis dun contrato.

Dende o Concello de Mos maniféstase a satisfacción de que o esforzo estea a dar os seus froitos e que 50 usuarios traballaran ao longo do plan (83%), que 42 usuarios cumpliran o compromiso de inserción (70%, e o compromiso inicial coa Xunta de Galicia foi un 45% de inserción-27 persoas, polo que se superou en 25 puntos dito compromiso). E é que, ademais, por outra banda, dende a Axencia de Colocación de Mos tramitáronse 83 ofertas de traballo e 95 usuarios comenzaron a traballar.

Actualmente dende a administración local mosense solicitouse xa un novo plan para iniciar en outono de 2017. As persoas que pertenzan algún dos seguintes colectivos poden solicitar a súa participación na oficina de emprego de Torneiros (código 930 programas experimentais):

  • Persoas en exlcusión social
  • Mulleres vícitma de violencia de xénero
  • Menores de 30 anos sen cualificación
  • Menores de 30
  • Persoas perceptoras de prestacións , subsidio por desemprego ou RAI