Mos engancha ó saneamento a 60 vivendas das parroquias de Tameiga e Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A instalación do alcantarillado sumará os 3’5 kilómetros repartidos entre os viais do Seixo e Cotofe, que serán posteriormente asfaltados pola Deputación de Pontevedra

 

O Concello de Mos continúa a avanzar na consecución dunha das súa principais prioridades no que a xestión municipal se refire: acadar o cen por cen da instalación da rede de saneamento en toda a localidade.

 

Para chegar a esa meta, dende a concellería de Saneamento e Abastecemento que dirixe o edil Camilo Augusto Martínez, vanse dando pasos con toda a continuidade e periodicidade posibles. Precisamente estes días estanse a acometer os enganches das acometidas domiciliarias do alcantarillado en dúas zonas das parroquias de Tameiga e Torroso.

 

Trátase do Camiño do Seixo en Tameiga e da Estrada Cotofe-Pozas do Monte en Torroso. Esta mañá visitaron os traballos que se están a acometer no Camiño do Seixo, Augusto e Alberto Méndez, concelleiro de Vías e Obras mosense, xa que tras o remate dos mesmos procederase ó asfaltado de ambos viais gracias ó plan da Deputación de Pontevedra PPC. A visita realizouse co fin de valorar como de avanzadas se atopan as obras, que tras ser observadas, os representantes municipais estimaron que estarán concluídas de cara a mediados do vindeiro mes de xaneiro; para que a continuación poidan comenzar os labores de asfaltado.

 

En total beneficiaranse desta fase de enganche de acometidas domiciliarias de saneamento 60 vivendas repartidas entre os camiños de Cotofe e Seixo. Vivendas ubicadas nas marxes de ditos viais que teñen unha lonxitude de 2 kilómetros o de Cotofe-Pozas do Monte e 1,5 kilómetros o Camiño do Seixo en Tameiga, que suman un total de tres kilómetros e medio entre os dous.