Mos espera poder remitirlle á Xunta o estudio das alegacións ó PXOM de cara ó verán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Na mesa de traballo celebrada esta mañá deseñouse o cronograma que estructurará a realización de dito estudio

 

Esta mañá reuníronse no Concello de Mos os voceiros dos grupos políticos da Corporación Municipal mosense, a alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, e varios técnicos municipais para concretar un cronograma cos pasos a seguir á hora de levar a cabo o estudio das alegacións ó documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente.

 

Tras a xuntanza, a edil de Urbanismo informou de que “actualmente os técnicos municipais encargados do PXOM reúnenses dúas veces por semana para estudiar a nivel global as distintas Ordenanzas do Plan Xeral, así coma cada unha das dez parroquias e as clasificacións de solo nelas existentes”. Loureiro explicou tamén que “ó mesmo tempo e de xeito paralelo, dende o departamento municipal de Secretaría estanse remitindo tódalas alegacións presentadas ó equipo redactor para que este proceda ó seu estudio e posterior contestación”.

 

Ademais a concelleira Julia Loureiro adiantou tamén que, a partir de mediados do mes de febreiro aproximadamente, comenzarán a celebrarse reunións quincenais entre o equipo redactor do Plan Xeral mosense e os técnicos municipais para, de forma consensuada, realizar a revisión, análise e contestación das alegacións presentadas.

 

Dende o Concello de Mos estímase que o estudio de tódalas alegacións existentes requerirá un período mínimo de cinco meses, tras o que se lle remitiría dito estudio á Xunta de Galicia para unha primeira revisión de cara ó vindeiro verán. Tras a aceptación do estudio das alegacións por parte da Xunta, a administración local procederá a iniciar a remisión das contestacións a tódalas alegacións presentadas.