Mos fai un gasto social de 100 euros por habitante

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A partida de Benestar Social é a máis elevada do orzamento municipal para 2020 e incrementouse un 22,3% respecto ao ano pasado

No capítulo de gastos do orzamento municipal en vigor do presente ano 2020 a partida destinada a Benestar Social creceu un 22,3% respecto ao pasado 2019, incrementándose en 226.853,60 euros, e pasando de 1.017.246,80 euros en 2019 a 1.244.100,47 euros en 2020.

Ademais a partida de Benestar Social é a máis elevada do orzamento municipal.

A maiores, a estes 1.244.100,47 euros hai que sumarlles as subvencións autonómicas anuais para o CIM (Centro de Información a Muller de Mos) – 20.000 euros – e para o Punto de Atención Temperá (Unidade de tratamento e prevención de trastornos do desenrolo infantil) – 96.000 euros -; o que suma un total de 1.360.100,47 euros e representa un gasto social aproximado duns 100 euros por habitante.

Desglosando a partida, cómpre destacar certos gastos sociais como son os seguintes:

  • 700.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (Dependencia + Básico)
  • 36.000 euros para mantemento das 3 Escolas Infantís Públicas A Galiña Azul: Porteliña, Cototorrón e Veigadaña
  • 30.000 euros para axudas de Emerxencia Social
  • 16.000 euros para subvencións a asociacións de índole social como Asodifisi, Asomamos, AECC e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
  • 5.000 euros para un programa de apoio a discapacitados
  • 5.000 euros para un Plan de Igualdade
  • 5.000 euros para o Programa de Teleasistencia para Maiores
  • 5.500 euros para o Centro de Día de Petelos xestionado por AFAGA
  • 3.000 euros para Axuda na Escola
  • 4.000 euros para Xantar na Casa para persoas maiores

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, declararon hoxe a este respecto que “igual que en anos anteriores a partida orzamentaria destinada a Benestar Social segue a ser a máis elevada e a máis importante. En Benestar Social faise este ano no capítulo de gastos do presuposto do Concello de Mos un especial esforzo económico enfocado a colectivos como os maiores e as familias, e a potenciar as políticas enfocadas ao fomento da igualdade”, explican.