Mos faise con tres cañóns de ozono para labores de desinfección

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Un foi adquirido polo Concello e outros dous por Protección Civil grazas a doazóns económicas

Mos conta con tres cañóns de ozono 8.000 mg/hora adquiridos con motivo da presente crise do COVID-19 para realizar diversas tarefas de desinfección.

Un destes tres cañóns foi adquirido polo Concello e outros dous pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, grazas ás doazóns económicas do propietario e os usuarios do mosense Centro de Adestramento Crossfit “Molis Box”, sito no Santiaguiño, parroquia de Guizán, e das empresas Orka Velas S.L. e Delineación y Proyectos C.B.

Os cañóns de ozono empregaranse para desinfeccións varias tales como as de todos os vehículos municipais da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, do departamento de Vías e Obras, tractores…etc.; e todas as dependencias e instalacións municipais (segundo planning de prioridades elaborado).

Ademais utilízanse tamén para labores de desinfección complementarias tales como a esterilización e ionización das 15.000 mascarillas encargadas polo Concello de Mos antes de repartilas entre os/as 15.000 veciños e veciñas do municipio mosense. E nalgún caso tamén de ser necesario en vivendas con positivos por COVID-19.

Os tres cañóns de ozono están dotados de temporizador e as vantaxes do uso do ozono son: desinfección eliminación de xermes  (bacterias, axentes patóxenos, microorganismos), desodorización, e osixenación do aire interior extra e eliminación da fatiga e o cansazo.

Ademais estes cañóns xeradores de ozono portatiles pódense utilizar en calquera habitación ou sala, e/ou en vehículos, non é necesario usar ningún produto adicional para o seu funcionamento e xeran 8.000 mg de ozono cada hora.