Mos inicia o programa anual “TraballaMOS polo teu Futuro”
Trátase dunha estratexia de fomento do emprego, con iniciativas de periodicidade mensual, organizada conxuntamente polas concellerías de Formación e Emprego e Educación e Participación Cidadá
A concellería de Formación e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto deseñou unha estratexia de fomento do emprego a desenvolver durante o presente ano 2015 en colaboración co departamento municipal de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.
Este programa leva por título “TraballaMOS polo teu Futuro” e incluirá accións de fomento do emprego organizadas mensualmente. Durantes o presente mes de febreiro celebraranse cinco actividades consistentes nunha serie de sesións formativas tituladas “Orienta2”, a presentación da estratexia local de Emprego “TraballaMOS polo teu Futuro”, unha charla de cualificación e emprego para xóvenes, un taller formativo sobre o portal dixital profesional Linkedin e un curso intensivo de inglés.
As sesións formativas da Axencia de Colocación para a búsqueda de emprego “Orienta2” desenvolveranse semanalmente ata finais de ano e serán impartidas a cargo de personal da Axencia de Colocación e do voluntario dixital (VOLDIX), Daniel Rodríguez.
O obxectivo destas sesións é formar ós participantes en competencias dixitais básicas e apoio para a alta na Axencia de Colocación. Van dirixidas a persoas sen competencias dixitais ás que se lles ofrecerá axuda para crear un correo electrónico, formación para o seu uso, axuda para a alta no portal web da Axencia, etc. As sesións desenvolveranse na Aula CeMIT da Axencia de Colocación os días 2, 12, 20 e 25 de febreiro. Os interesados en participar deberán solicitalo a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es
A presentación da estratexia local de Emprego: “TraballaMOS polo teu Futuro” (a cargo da concellería de Emprego e a concellería de Educación e Participación Cidadá) terá lugar o vindeiro 25 febreiro ás 09:30 horas.
A charla “Programa Integral de Cualificación e Emprego para Xóvenes-Sistema de Garantía Xuvenil” conta para a súa organización coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Celebrarase o vindeiro mércores, 18 de febreiro, ás 17:30 horas. O obxectivo desta charla é informar a tódolos xóvenes do municipio sobre o Programa de Garantía Xuvenil, enmarcado dentro da estratexia de Emprendemento e Emprego Xove, que ten por finalidade dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Os xóvenes do municipio de Mos interesados en inscribirse nesta actividade poden facelo a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es
O taller formativo sobre Linkedin conta coa colaboración do Servizo IOBE do Concello de Vigo, a cargo de Xosé Alberte Cea Bermúdez. Trátase dun obradoiro que persegue o obxectivo de mellorar as competencias dixitais para a busca de emprego, de maneira específica na rede social e profesional Linkedin (novas formas de busca de emprego). A data de celebración do taller será o 25 febreiro a partir das 10:00 horas, e, tras o remate do obradoiro, impartirase unha sesión sobre “Como elaborar o teu currículo”.
Por último, a concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón organiza un curso intensivo de inglés para a preparación das probas de nivel para a obtención do First e/ou B2, que se levará a cabo dende o vindeiro mes de marzo a maio de 2015. As probas de obtención do First e/ou B2 convócanse habitualmente no mes de xuño.
A frecuencia das clases será de dous días semanais por grupo cunha duración de cada clase de 90 minutos, o que veñen a sumar unha carga lectiva de 12 horas mensuais por cada grupo. O curso comezará o día 2 de marzo e dividirase en dous grupos, o grupo 1 recibirá as clases os martes e xoves de 19:30 horas a 21:00 horas e o grupo 2 os luns e mércores tamén de 19:30 horas a 21:00 horas. As clases impartiranse na Axencia de Colocación.
Os/As beneficiarios/as directos/as deste programa serán tódolos/as mosenses interesados/as na aprendizaxe do idioma maiores de 16 anos. Indirectamente os mozos e mozas doutros municipios que estean interesados nesta programación. Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Mos. Establécese un mínimo de 8 persoas por grupo e un máximo de 15.
O prazo de inscrición na actividade rematará o 26 de febreiro. Os interesados en inscribirse deberán presentar a solicitude cuberta e asinada xuntando fotocopia do DNI. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A publicación da lista de admitidos realizarase o venres 27 de febreiro. O curso suspenderase de non acadarse o número mínimo 8 participantes.
Dado que os grupos formaranse coa finalidade de preparar o examen First e/ou B2, as persoas inscritas terán a posibilidade de facer unha proba de nivel gratuíta o martes 24 de febreiro ás 19:30 horas, para comprobar si acadan o nivel esixido. Nesta proba a profesora lles pasará un pequeno test e tras finalizar lles indicará as posibilidades reais de superar a proba oficial. O resultado deste test sería informativo, non excluínte. É dicir, se alguén que non supera este test quere anotarse ó curso, poderao facer igualmente (pois pode haber xente que non estea interesada en presentarse ás probas oficiais). A actividade será levada a cabo por unha monitora Licenciada en Filoloxía Inglesa.