Mos inicia un plan de saneamento semestral que dará servizo a unhas 500 vivendas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A previsión do Concello é que antes do fin de 2014 se teña superado o 90% da instalación do alcantarillado municipal

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Saneamento e Abastecemento mosense, Camilo Augusto, visitaron esta mañá os traballos de acometida do saneamento na zona do Xuguiño, parroquia de Mos. Obras estas recentemente comenzadas e que darán servizo de alcantarillado a 20 vivendas aproximadamente e a un total de 80 usuarios.

 

Segundo informou o edil Camilo Augusto durante a visita á obra desta mañá, “dende o Concello prevemos que os traballos queden rematados a mediados do vindeiro mes de febreiro, deixando para entón xa realizadas incluso as acometidas domiciliarias, de xeito que, unha vez finalizadas as obras, todos os veciños da zona poidan verquer as augas residuais das súas vivendas á rede de saneamento público”.

 

Augusto calificou ademais esta obra como de “moi importante de cara á optimización e implementación dos servizos na parroquia de Mos”. E é que a do Xuguiño era unha das zonas desta parroquia que quedaban pendentes da instalación do servizo de sameamento.

 

Con este tipo de obras, a pretensión do Concello é, non só facer chegar a rede de alcantarillado municipal a tódolos veciños e veciñas da localidade, senón ó tempo que se instala o saneamento en novas zonas e parroquias, ir realizando a instalación tamén nas zonas puntuais que quedaran descolgadas.

 

Neste sentido o Concello de Mos, e en concreto a concellería de Saneamento e Abastecemento que dirixe Camilo Augusto, está a traballar intensamente nunha serie de instalacións de alcantarillado para acadar canto antes o saneamento integral do municipio. Por elo, dende dita concellería, ponse en marcha un plan intensivo de saneamento que se levará a cabo durante este primeiro semestre do ano, e que comenzou con esta primeira obra no Xuguiño, Mos; obra que lle dará continuidade a outros traballos nesta mesma parroquia así coma nas parroquias de Louredo, Tameiga, Sanguiñeda, Cela e Petelos. Con este plan estímase que se realizará a conexión á rede municipal de alcantarillado a unhas 500 vivendas aproximadamente gracias á acometida de novos tramos da rede de saneamento que, entre todos, sumarán varios kilómetros de nova rede de saneamento para o Concello de Mos. Ademais, tras a realización de novos tramos, levaranse tamén a cabo as acometidas domiciliarias desas 500 vivendas.

 

Este plan semestral de saneamento contempla finalización, acometidas domiciliarias e prolongación de tramos de alcantarillado nas cinco parroquias antes enumeradas; ademais da finalización das obras do Plan de Saneamento de Augas de Galicia nas parroquias de Louredo, Cela e Sanguiñeda.

 

O goberno municipal mosense continúa así, a pesar dos difíciles tempos que corren en materia económica, a súa aposta por poder dar servizo de saneamento a tódolos veciños e veciñas de Mos; manifestando incluso a súa intención de ter máis do 90% do saneamento do Concello executado e en funcionamento antes de finais do vindeiro ano 2014.