Mos organiza a súa duodécima Marcha BTT

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A inscrición anticipada estará aberta ata o 8 de xuño

O vindeiro 10 de xuño celebrarase a XII Marcha BTT Concello de Mos que terá saída ás 09.30 horas da mañá dende o Pavillón Óscar Pereiro.
A proba ciclista contará con presencia e asistencia da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.
O prezo de participación é de 5 euros por persoa con inscrición anticipada ata as 13.00 horas do día 8 de xuño, e de 8 euros por persoa con inscrición o propio día da marcha a partir das 08.30 horas. En ambos casos o prezo leva o seguro incluído.
O percorrido da proba será de 32 quilómetros a ruta normal e de 40 quilómetros a ruta competitiva. En ambas rutas haberá avituallamento gratuíto. Ao final da proba serviranse uns pinchos para os participantes, que tamén disporán de servizo de lavado de bicis de balde. Ademais haberá duchas e sorteo de agasallos.
Todos os participantes deberán levar casco obrigatoriamente e os menores, de 15 a 17 anos de idade, terán que presentar unha autorización dos seus pais para poder participar.
Os interesados en obter máis información sobre a BTT mosense poden chamar aos teléfonos 678 928 960 e 645 898 404.