Mos pecha parte das dependencias municipais como medida de prevención ante o COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde mañá permanecerán pechados ao público os pavillóns, campos de fútbol e piscina municipais, o Multiusos das Pozas, o Centro de Día, o Punto de Atención Temperá e a Biblioteca

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Concello de Mos decreta medidas de prevención para a limitación da propagación e contaxio polo COVID-19.

 

As devanditas medidas consisten en:

 

Pechar ao público desde mañá venres día 13 de marzo e por un prazo de 14 días, que poden ser prorrogados sucesivamente de ser necesario, as seguintes dependencias municipais:

 

  • Pavillóns municipais
  • Campos de fútbol municipais
  • Piscina municipal
  • Multiusos municipal (As Pozas)
  • Centro de día na Antiga Reitoral de Petelos
  • Punto de atención temperá no edificio da Ludoteca de Louredo
  • Biblioteca municipal (Porteliña)

 

Así como suspender:

  • As actividades extraescolares dependentes do Concello.
  • Os cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer que se imparten nas asociacións das 10 parroquias mosenses.

 

Ademais fanse recomendacións relativas a outros espazos públicos municipais como son:

  • Casa Consistorial, Urbanismo, Servizos Sociais, CIM, Axencia de Colocación, e oficinas da Policía Local: recoméndase a realización de trámites e consultas vía telefónica e/ou telemática e non presencialmente.

 

  • Parques: evitar o uso de elementos comúns biosaudables e de xogo infantil, e de

 

Estas medidas e recomendacións empréndense tendo en conta a evolución da situación do brote do virus da familia Coronaviridae, que produce a enfermidade denominada COVID-19, á vista das medidas que se están adoptando seguindo recomendacións da Organización Mundial da Saúde e do Ministerio de Sanidade para a prevención e contención necesarias en materia de saúde pública e coa finalidade de evitar riscos para a saúde pública e previr a súa propagación e contaxio. E tendo en conta tamén o regulado polo artigo 25 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no que se refire a protección da salubridade pública.