Mos prepara a adultos para a obtención do título da ESO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados deben acudir ó CDL o día 18 de outubro ás 12:00 horas para unha reunión previa

 

O  Concello de Mos a través da concellería de Formación e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto, seguindo coas políticas de emprego que se están executando dende a área e coa finalidade de mellorar a capacitación dos profesionais e das  persoas  que no seu ámbito laboral necesiten, _ e para favorecer a súa inserción laboral ou ben a súa promoción na sua empresa_, ofrece a posibilidade de preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO).

 

Convócase a todos aqueles interesados/as para o día 18 de outubro ás 12:00 horas da mañá, a unha reunión para crear o grupo necesario para a impartición das clases titorizadas durante os meses de novembro deste ano e setembro do ano 2013, atendendo así ás dúas convocatorias de exames, unha no primeiro semestre do ano, previsiblemente en maio, e outra en setembro.

 

As clases serán de 4 horas, un día a semana.  A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. O desenvolvemento das clases e titorías levaráse pola Fundación ECCA, que destina a Mos unha aula en caso de formarse o grupo necesario.

 

Os resultados acadados nos exames, das persoas que durante o ano 2012 estiveron preparando as probas libres, aníman á concellaría a seguir na mesma liña, e permitir a moitas persoas que para acceder a un posto de traballo de calidade necesitan o título de graduado en ESO, conseguir superar ese obstáculo, e acadar máis posibilidades de emprego ou de acceso a formación de nivel 2.

 

Por elo, é importante que se está interesado acuda o día 18 de outubro a reunión que se convoca.